Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

monfero monfero

Comentarios
Parque Forestal en la zona del Milenium
A proposta é xenial. O problema é que se trata de terreos privados. Na prensa nalgún momento dixeron que estaban en mans dos fondos buitre de BlackStone. Nos últimos anos houbo varios proxectos de urbanización pero ata o momento puideron ser parados. Desde logo sería unha pena perder este espazo verde no barrio que ten tantas posibilidades.
Peonalización dun tramo da avenida Gran Canaria
Eu sumaríalle á proposta a peatonalización da rúa Pintor Francisco LLoréns.
Humanización da Avda.de Gran Canaria establecendo unha zona 30km/h
O ano pasado tiveron que acudir as ambulancias en máis dunha ocasión a atender accidentes nos pasos de peón desa rúa. Fun testemuña dun caso no paso de peóns á altura de Rúa Honduras e tamén outro accidente fronte a carnicería "Pan y Ceballos". Desde logo trátase dunha rúa con varios puntos perigosos.
Reducción de velocidade en paso de peóns da avenida Gran Canaria/Rúa Colombia
Realmente a miña proposta non apunta unha tecnoloxía concreta pois existen múltiples medidas redutoras da velocidade, se ben é certo que prefiro as medidas físicas que por exemplo, a videovixiancia. Medidas como as "bandas sonoras" ou "pasos sobreelevados" poden ser certamente prexudiciais para autobuses, bombeiros, ambulancias... mais por sorte nestes casos podense usar "almofadas" ou "coxíns", medidas que poden salvar os vehículos con eixos máis anchos e que só lle afectan aos turismos. Lembro ter visto algún na avenida do ferrocarril. Falo deste tipo de medidas: https://senalconfor.com/ES/fm/Cojines-Berlineses.html A verdade é que era consciente da problemática dos buses mais non do das ambulancias, mais xa ves que hai solución para todo. O que tampouco sabía era que eses "baches" tivesen tan mala fama. É certo que son algo molestos mais eu penso que pagan a pena. Seguirémolo intentando noutra edición dos orzamentos participativos.
Rejuvenecer el Barrio de Labañou
Non sabía que houbese terreo público nesa zona. Xenial se se pode aproveitar!
Reducción de velocidade en paso de peóns da avenida Gran Canaria/Rúa Colombia
Un semáforo con botón é unha posibilidade, non me parece un problema. Eu, coa miña proposta, apunto mais por medidas físicas redutoras da velocidade, que calman o tráfico en todo momento, é dicir, un coche reducirá a velocidade sempre, non en función do que lle indique un semáforo.
Rejuvenecer el Barrio de Labañou
Segundo a prensa [1] e [2], a titularidade dos terreos que indicas na proposta é privada, en concreto dun fondo buitre, perdón, un fondo inversor, chamado Blackstone [3]. Recuperar este espazo para o barrio e sería xenial, proporcionando unha nova zona verde á cidade. [3] https://www.vozpopuli.com/economia-y-finanzas/empresas/Asi-es-imperio-inmobiliario-Blackstone-Espana_0_1050795927.html [1] http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/04/07/concello-promotores-negocian-diseno-as/1279272.html [2] http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/10/05/concello-declara-caducado-plan-edificar/1223240.html
Jardín de los Recuerdos o Bosque Encantado
Bo día Teño entendido que a incineración non é unha práctica moi aconsellable desde o punto de vista ecolóxico, en cando ao consumo de enerxía e produción de residuos. De promocionarse desde o concello alternativas ás ceremonias tradicionais moito máis extendidas entre a poboación estas deberían ser respectuosas co medio ambiente. Lembro ter escoitado algo do tema na seguinte charla: https://www.ted.com/talks/caitlin_doughty_a_burial_practice_that_nourishes_the_planet
Aumentar acera que bordea el IES Rafael Dieste
É certo que hai un punto problemático nese lugar. O meu apoio a calquera medida para solucionar isto que NON pase por cortar a árbore ;-)
Peonalizacion da rua Arxentina perpendicular
Apoio a proposta. En relación ao comentario sobre o parque na praza: no mapa de obras e proxectos do concello aparece unha actuación planificada para esa zona de parque da praza de Náutica. www.coruna.gal/smart/gl/proxecto-csc/monografico-obras-e-proxectos Non aparece ningún enlace á licitación, aínda que se cadra no perfil de contratante do concello pódese encontrar algo: https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/perfilcontratante?method=enter
Instalación de grellas nos parques da cidade
Descoñezo a problemática dos Rosales co lixo, mais son da opinión de que as persoas podemos mellorar nas nosas "actitudes pouco cívicas". Se cadra hai que acompañar estas actuacións de algún tipo de campañas de concienciación para que os parques non sen enchan de lixo. Unha boa medida sería dotar de infraestruturas de recollida de lixo, é dicir, contenedores e papeleiras, próximos ás instalacións das grellas. Aproveitaría estes lugares, destinados ás reunións familiares, para facer fincapé na recollida selectiva de resíduos, por exemplo.
Carril bici por TODA la ciudad.
Apoio á proposta, aínda que penso que os orzamentos participativos "non dan" para un proxecto tan grande debido ao custe de implementar un carril bici en toda a cidade. De acordo aos datos que vemos nesta mesma web: "Carril bici: entre 80 € / m (só pintar e balizar en pavimento existente) e 300 € /m (se supón obras en beirarrúas, sumidoiros ou sinalización)". Está moi ben visibilizar a demanda que hai desta infraestrutura mais penso que nesta iniciativa hai que ser mais concreto. Concordo como se dixo neste fío con que precisamos un carril bici pensado para os desprazamentos, e non para o turismo ou paseos, un carril bici útil, que nos permita desprazarnos con seguridade a calquera punto da cidade. En canto a que chove e que hai costas, sempre me encontro excusas deste tipo, en calquera cidade, pero a pouco que te pares a analizalas ves que non son razóns de peso: chuvasqueiro e pernas, ou tamén esperar 5 minutos a que escampe e coller a bici da man uns minutos ;-)
(Este proxecto de investimento foi borrado)
Ola Esteban. En relación ao primeiro que propós, o das prazas para coches perto dos colexios, coñeces o proxecto Kiss&Go?. Non sei se hai algunha experiencia en Galicia. Trátase de habilitar zonas onde, temporalmente, poden parar os coches para deixar a nenos e nenas no colexio. Mira neste enlace: http://www.biciclistasmontserrat.es/Noticias/Entradas/2016/2/15_Arranca_Kiss_%26_Go.html O de aumentar os aparcabicis nos colexios, por suposto, penso que é fundamental. As nenas e nenos van á escola en bicicleta encantados!. Se cadra é mellor separar as propostas para non mesturalas , non?
Aparcadoiros para bicicleta
Unha proposta moi interesante. Para garantir a seguridade ante roubos e protexer as bicicletas de choivas e corrosión (que vivimos ao lado da costa) podería estar ben un aparcadoiro pechado. Un proxecto similar sería o Ciclenergy, que ademais faría un aproveitamento eléctrico do aparcadoiro con paneis solares: +info: http://www.germinadorsocial.com/proyectos/ciclenergy/
Semáforos
Esta proposta tamén a tiña eu na recámara ;). Non hai moito que puxeron o semáforo tal e como está e sempre pensei que fora moi mala idea. De todos xeitos na Torre hai semáforos con pulsador de peóns que tardan moito en darlle paso. O interesante sería que o cambio a verde fose case inmediato.
Hortos urbanos municipais
Pregúntome se podía regularse o uso como hortos urbanos de solares sen edificar que levan anos "a monte", por exemplo: https://www1.sedecatastro.gob.es/CYCBienInmueble/OVCListaBienes.aspx?del=15&muni=900&rc1=7028008&rc2=NJ4062N
Pasos peatones elevados en inmediaciones Centros Escolares
As inmediacións dos centros escolares son un bo punto para comezar mais trátase dunha medida recomendable para toda a cidade. Moi boa.
Aparcadoiros públicos e cubertos para bicis
Na mesma liña da proposta principal eu daríalle prioridade a outros puntos principais da rede de transporte, é dicir: estación de tren e estación de buses coa intención de promover tanto a mobilidade en bicicleta como o transporte público . Algunhas persoas desprazámonos en bicicleta para utilizar estes medios e non temos onde aparcar a bicicleta con seguridade. O servizo como BiciCoruña non funciona, ademais, ás primeiras horas da mañá, polo que temos que utilizar a nos a propia bici para desprazarnos ás estacións de tren ou bus e dirixirnos ao traballo.