Na Coruña Contas

  • monfero
    monfero  •  Autor  •  30/08/2018 18:41:13

    Realmente a miña proposta non apunta unha tecnoloxía concreta pois existen múltiples medidas redutoras da velocidade, se ben é certo que prefiro as medidas físicas que por exemplo, a videovixiancia. Medidas como as "bandas sonoras" ou "pasos sobreelevados" poden ser certamente prexudiciais para autobuses, bombeiros, ambulancias... mais por sorte nestes casos podense usar "almofadas" ou "coxíns", medidas que poden salvar os vehículos con eixos máis anchos e que só lle afectan aos turismos. Lembro ter visto algún na avenida do ferrocarril. Falo deste tipo de medidas:
    https://senalconfor.com/ES/fm/Cojines-Berlineses.html
    A verdade é que era consciente da problemática dos buses mais non do das ambulancias, mais xa ves que hai solución para todo. O que tampouco sabía era que eses "baches" tivesen tan mala fama. É certo que son algo molestos mais eu penso que pagan a pena. Seguirémolo intentando noutra edición dos orzamentos participativos.

    Sen respostas