Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

alendanas alendanas

Comentarios
ASFALTADO CALZADA
Asfaltar novamente a rúa General San martín e non reparcheala, coma ven sucedendo ata o de agora.
Arreglar asfaltado calles
Nalgúnhas rúas deberíase asfaltar de novo, coma sucede na rúa General San Martín, e non "arranxar" recheando as fochancas.
Facer mais grandes as aceras.
Unha delas podería ser no treito da Rolda de Outeiro que vai dende a estación de ferrocarril ata o hotel Avenida. É unha acera moi transitada entre a xente que vai e ven da EE.FF ata o hotel, que se dirixe ata os Novos Ministerios, ou ata Monelos ou Elviña, ou simplemente quere coller os buses das liñas 14 e 22. Ademáis de ser estreita esta beirarrúa onde collen dúas persoas e pouco máis, existen uns bancos de pedra (que están moi ben e non terían porqué quitarse). Non se tería que aproveitar nadiña de espazo da estrada, hai espazo maís que suficiente ao carón desta beirarrúa cuberto de céspede e que está empregado para dous usos moi concretos: as persoas que levan alí aos can para que fagan as súas necesidades e lugar de exposición de, alomenos, 5 valos publicitarios co feismo paisaxístico que produce. Penso que ese terreo podería empregarse para ensanchar a beirarrúa. Entre as bicis, os carritos da compra, os monopatíns eléctricos, carriños de bebés, etc. xa case non se pode pasar.
Facilidades para el reciclaje
A min tamén, sobre todo cando os bares, panaderías, etc. tiran tódolos cartóns no contedor amarelo por non moverse nin un pouquiño ata o contedor de cartón... A este habería que multalos!!!!!
Reformar glorieta Ronda de Outeiro Estación de trenes.
Mellorar a fluidez na circulación nesta zona é fundamental.
placas solares
Ben!!!!
contenedores subterráneos o como los que hay redondos
Todo o que sexa para que estes vellos contedores desparezan e sexan substituídos por outros de xeito máis moderno, estético e práctico.
Poner más contenedores subterráneos y retirar los antiguos de plástico
Que en moitos casos están abertos coa basoira ao aire, en mal estado e antiestéticos.
Humanización da rotonda de novos ministerios
Por tratarse dun aceso a un edificio admtvo. no que tanta afluencia de persoas ten tódolos días durante toda a mañá e incluso pola tarde, correspóndelle estar en propostas para toda a cidade pois aféctanlle á cidadanía en xeral e non só á veciñanza do barrio de Monelos.
Barrera de árboles entre Salgado Torres e Elviña
Todo o que sexa crear zonas verdes no cemento son boas opcións.
Rampa de acceso Rúa Cabaleiros e Rúa Brasil a Rolda de Outeiro
E xa de paso, deberíase facer algo con urxencia con esa pasarela. Non sei se o máis adecuado sería quitala coma se fixo cá que estaba diante dos xulgados e do instituto pero este tipo de acesos é caduco. Cando chove, móllaste polo vento que fai e aparte diso, móvese un pouco. Se tes medo ás alturas xa non vas por ela. En fin, se queremos modernizar a cidade esto non é un bo exemplo.
CUBERTA para patio central no CEIP MARÍA PITA
Coma o que se fixo no C.E.I.P. Wenceslao Fernández Flórez. Púxose un teito abobedado no patio e os/as nenos/as poden sair a xogar faga o tempo que faga.
Mejorar la accesibilidad a Salgado Torres.
As escaleiras creo que non serían a solución. Hai que adaptar a acesibilidade ás persoas con discapacidade, as que leban cocheciños de pequenos/as, carros da compra, etc.
Ascensores túnel Salgado Torres.
As escaleiras están ben pero hai que contar con opcións ás persoas discapacitadas e as que levan coches de pequenos/as, carros da compra, ...
Reverdecer a cidade
Eu non paseo case nunca polo paseo marítimo do parrote por que cando fai sol, e agora no verán, non se para ca calor. É imprescindible zoas de sombra neste amplo espazo de cemento que ten unhas vistas tan bonitas e do que resultaría un paseo moi agradable.