A Porta Aberta

  • alendanas
    alendanas  • 09/09/2019 10:18:51

    Unha delas podería ser no treito da Rolda de Outeiro que vai dende a estación de ferrocarril ata o hotel Avenida. É unha acera moi transitada entre a xente que vai e ven da EE.FF ata o hotel, que se dirixe ata os Novos Ministerios, ou ata Monelos ou Elviña, ou simplemente quere coller os buses das liñas 14 e 22. Ademáis de ser estreita esta beirarrúa onde collen dúas persoas e pouco máis, existen uns bancos de pedra (que están moi ben e non terían porqué quitarse). Non se tería que aproveitar nadiña de espazo da estrada, hai espazo maís que suficiente ao carón desta beirarrúa cuberto de céspede e que está empregado para dous usos moi concretos: as persoas que levan alí aos can para que fagan as súas necesidades e lugar de exposición de, alomenos, 5 valos publicitarios co feismo paisaxístico que produce. Penso que ese terreo podería empregarse para ensanchar a beirarrúa. Entre as bicis, os carritos da compra, os monopatíns eléctricos, carriños de bebés, etc. xa case non se pode pasar.

    Sen respostas