A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Placas de Sargadelos

basiam basiam  •  12/05/2019  •  Toda a cidade  •    9 comentarios

sargadelos.jpg
sargadelos.jpg

Código proposta de gasto: 2036

En base a propuestas ya realizadas por Iván Seoane (propuesta 1988) "Normalización das placas de rúas" y a la propuesta de smlebo (1747) "Placas Conmemorativas" , visto que hay una necesidad en hacer una revisión importante en cuanto a nombres y formato, creo que sería un añadido de valor a nuestra cultura, el que la placas sean fabricadas por Sargadelos, con un diseño singular y reconocible . Comenzaría modificando las placas en las zonas de Ciudad Vieja y Pescadería. Lo ideal sería que todas las placas de la ciudad fueran iguales y poder crear así un nuevo símbolo de ciudad, de la mano de esta conocida cerámica. 

-Revisar nombres. 

-Creación de códigos QR en calles con historia. 

-Implantar un modelo de placa exclusivo y diferenciador, de mano de cerámicas Sargadelos. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ogaiago
    ogaiago  • 23/07/2019 23:34:10

    (5/5) Do mesmo xeito, lugares como a rolda de Outeiro, As Lagoas, A Gaiteira, rúa Fita, rúa Nova ou praza das Conchiñas (deturpación de Cunchiñas que cómpre corrixir), non deberían traducirse ao castelán porque soaría grotesco. En todo caso, a situación xeral é de desleixo cara ao galego e non ao revés. Cómpre traballar de preto neste asunto con lingüistas e expertos en toponimia local. Os nomes das flores nas rúas do barrio das Flores, os das cidades europeas na Zapateira e moito máis. Hai moito aí fóra por traducir ao galego e debe facerse ben. Non se poden permitir barbarismos como o da recentemente inaugurada avenida das “Fresas” de Eirís. En conclusión, repito, salvo algúns casos nos que non procede inventar un nome en castelán e outros casos (os menos) nos que é mellor deixalo en castelán, creo que se deben substituír as placas actuais por unha en galego e outra en castelán. É o natural e correcto no concello menos galegofalante de Galicia e asemade principal cidade do país.

    Sen respostas
  • ogaiago
    ogaiago  • 23/07/2019 23:31:21

    (4/5) Lamentablemente, a castelanización nesta cidade non é cousa de hai dous días. Algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese galeguizar sen problema: caso de Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Por exemplo, teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo en galego a cercana rúa Veramar? Outro caso: no Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á manufactura de cordas e de cabos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a tradicional en castelán.

    Sen respostas
  • ogaiago
    ogaiago  • 23/07/2019 23:30:04

    (3/5) En que quedaría isto? Pois polo xeral en dúas placas ou unha placa dobre, e que vexamos tanto “Avenida del Ejército” coma “Avenida do Exército”, “Avenida de la Marina” coma “Avenida da Mariña”, “calle Burdeos” coma “rúa Bordeos”, "calle Palomar" coma "rúa Pombal" "calle de la Merced" coma "rúa da Mercé" e “Ronda de Outeiro” coma “Rolda de Outeiro” (ou mesmo DO Outeiro). Mais as cousas non son tan sinxelas e coido que hai casos que merecen unha excepción a esta regra xeral.

    Sen respostas
  • ogaiago
    ogaiago  • 23/07/2019 23:29:16

    (2/5) A miña proposta —en liña coa realidade social bilingüe na que vivimos e que se reflicte na situación de cooficialidade das linguas galega e castelá no noso país— é a de sinalizar as vías da Coruña tanto en castelán coma en galego. Deste xeito, pódese abordar unha verdadeira adaptación dos nomes das rúas ao galego sen bater agresivamente contra as formas comunmente aceptadas pola inmensa maioría dos coruñeses. É dicir, a rúa Santo André debe seguir estando indicada en castelán. Igual que nas rúas con nomes moi castelanizados (San Tomé por Santo Tomás, Santo Amaro por San Amaro, Afonso VIII por Alfonso IX), a inclusión de placas en galego eliminando toda referencia aos nomes en castelán plenamente asentados pode causar rexeitamento e resultaría moi contraproducente para a normalización da lingua galega.

    Sen respostas
  • ogaiago
    ogaiago  • 23/07/2019 23:26:29

    (1/5) Os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas. A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía sempre en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas poucas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña, Cabana). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa. O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.

    Sen respostas
  • pondalo
    pondalo  • 09/09/2019 19:22:32

    Totalmente en desacordo en agasallarlle algo a Segismundo García, administrador único de Sargadelos e inimigo do cadro de persoal desa empresa.

      • basiam
        basiam  •  Autor  • 11/09/2019 16:26:40

        Sargadelos es parte de nuestra cultura, sea quién sea su administrador, y sean cuales sean sus problemas internos. Boicoteando una empresa no se "castiga" a nadie más que a sus propios empleados y su imagen. No consumiendo sus cerámicas, no hacemos más que justificar sus acciones de recorte de plantilla o cierre de fábricas.

        Sen respostas