Na Coruña Contas

  • ogaiago

    (SEGUE DO ANTERIOR) A miña proposta —en liña coa realidade social bilingüe na que vivimos e que se reflicte na situación de cooficialidade das linguas galega e castelá no noso país— é a de sinalizar as vías da Coruña tanto en castelán como en galego. Deste xeito, pódese abordar unha verdadeira adaptación dos nomes das rúas ao galego sen bater agresivamente contra as formas comúnmente aceptadas pola inmensa maioría dos coruñeses. É dicir, a rúa Santo André debe seguir estando indicada en castelán. Igual que nas rúas con nomes de santos castelanizados (San Tomé, Santo Amaro), a inclusión de placas en galego eliminando toda referencia aos nomes en castelán plenamente asentados resultaría moi contraproducente para a normalización da lingua galega.

    Sen respostas