Na Coruña Contas

Volver

Normalización das placas de rúas

Iván Seoane Iván Seoane  •  09/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Aberracións hai así por toda a cidade.
Aberracións hai así por toda a cidade.

Código proposta de investimento: 1988

Hai que facer unha revisión de tódolos nomes das rúas da cidade e facer un inventario das que están castelanizadas e volvelas pór na nosa lingua.

É unha iniciativa que fixo o Ajuntament de València, normalizando tódolos nomes á súa lingua.

Eiquí temos que facer o propio e galeguizar tódolos nomes xa. E non falemos dos carteis de información dos coches pra indicar puntos importantes da cidade coma a "Casa das Ciencias", a información é pésima e desactualizada.

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ogaiago

    (CONTINUACIÓN DOS CATRO ANTERIORES)
    Do mesmo xeito, lugares como a rolda de Outeiro, As Lagoas, A Gaiteira, rúa Fita, rúa Nova ou praza das Conchiñas (deturpación de Cunchiñas), non deberían traducirse ao castelán porque soaría grotesco.
    En todo caso, a situación xeral é de desleixo cara ao galego e non ao revés. Cómpre traballar de preto neste asunto con lingüistas e expertos en toponimia local. Os nomes das flores nas rúas do barrio das Flores, os das cidades europeas na Zapateira e moito máis. Hai moito aí que traducir ao galego e debe facerse ben. O que sexa con tal de evitar barbarismos como a recentemente inaugurada avenida das “Fresas” de Eirís.

    Sen respostas
  • ogaiago

    (CONTINUACIÓN DOS ANTERIORES)
    Pode gustar máis ou menos, pero algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese traducir ao galego sen problema: Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Penso en Orillamar, Veramar, Cordelería e Cordonería.
    Teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo a cercana rúa Veramar?
    No Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á fabricación e venda de cordas e cabos, en moitos casos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a castelá.

    Sen respostas
  • ogaiago

    (CONTINUACIÓN DOS DOUS ANTERIORES)
    En que quedaría isto? Pois polo xeral en dúas placas ou unha placa dobre, e que vexamos tanto “Avenida del Ejército” como “Avenida do Exército”, “Avenida de la Marina” como “Avenida da Mariña”, “calle Burdeos” como “rúa Bordeos” e “Ronda de Outeiro” como “Rolda de Outeiro” (ou mesmo DO Outeiro).
    Mais as cousas non son tan sinxelas e coido que hai casos que merecen unha excepción a esta regra xeral.

    Sen respostas
  • ogaiago

    (SEGUE DO ANTERIOR) A miña proposta —en liña coa realidade social bilingüe na que vivimos e que se reflicte na situación de cooficialidade das linguas galega e castelá no noso país— é a de sinalizar as vías da Coruña tanto en castelán como en galego. Deste xeito, pódese abordar unha verdadeira adaptación dos nomes das rúas ao galego sen bater agresivamente contra as formas comúnmente aceptadas pola inmensa maioría dos coruñeses. É dicir, a rúa Santo André debe seguir estando indicada en castelán. Igual que nas rúas con nomes de santos castelanizados (San Tomé, Santo Amaro), a inclusión de placas en galego eliminando toda referencia aos nomes en castelán plenamente asentados resultaría moi contraproducente para a normalización da lingua galega.

    Sen respostas
  • ogaiago

    Efectivamente, os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas.
    A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa.
    O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos