Na Coruña Contas

  • CG

    É imprescindible poder facer uso das bicicletas en calquera momento do día. Eu, que entro a traballar ás 7:30 da mañá non podo utilizar este servizo para ir ó meu posto de traballo. Nun principio, comprendín que as bicicletas non durmiran nas rúas para que non sufreran vandalismo pero agora, durmen nas rúas e non se poden usar. Non ten sentido ningún. Por outra banda, totalmente de acordo coa proposta de que o servizo poda ser utilizado por persoas non residentes na cidade pero que, previa identificacióne pago, podan facer uso das bicicletas. Deste modo, e aplicando unha tarifa razonable, tamén poderíase financiar o servizo co fin de dotar de máis prestación ó mesmo. Noraboa pola iniciativa!

    Sen respostas