Na Coruña Contas

Volver

Aposta clara por Bicicoruña como medio de transporte na cidade

davidnem davidnem  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2628

Boas tardes,

propoño que se aposte claramente por impulsar o servizo de Bicicoruña como medio de transporte na cidade, instalando estacións en cada área comercial ( marineda, espacio coruña, cc los rosales...) así como universidades, pabellons deportivos, praias...

Así mesmo a ampliación do horario do servizo e necesaria para facilitar o seu uso como medio de desprazamento entre fogar e posto de traballo, isto pasa por invertir en mais bicis, outro camión repoñendo e liberando estacións...

Tamén debería facilitarse o acceso a este servizo aos turistas a través dunha tarxeta que poderían adquirir no propio posto como no caso de Madrid, Londres ou Nova York.

 

saludos

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE en base ao seguinte informe do equipo técnico municipal: "Debido a boa acollida do sistema BiciCoruña e tratando de mellorar o servizo, implantaránse bases de aluguer de bicicletas en puntos estratéxicos da cidade, non só orientada ao turista e a paseos recreativos, senón tratando de potenciar o uso cotián da bicicleta como medio de transporte habitual. O prezo dunha base de BiciCoruña instalada é aproximadamente de 24.000 euros, polo que se poderán instalar máis de 41 bases na cidade. En relación coa última parte da proposta non se orzamenta o custo da implantación dunha tarxeta para os turistas, xa que non se trataría dun gasto de investimento." Grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas na seguinte edición dos Orzamentos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • B.D.H.

    Creo que es necesario no limitar el horario de utilización del servicio. El camión de reparto/recogida sólo debería funcionar a modo de mantenimiento para recoger y reponer aquellas bicis que tuvieran algún problema.
    Estoy completamente de acuerdo en que debería poder utilizarse el servicio de préstamos de bicicletas para turistas o incluso para usuarios ocasionales, a través de pago de servicio mediante tarjeta de crédito como la ORA o similar.

    Sen respostas
  • CG

    É imprescindible poder facer uso das bicicletas en calquera momento do día. Eu, que entro a traballar ás 7:30 da mañá non podo utilizar este servizo para ir ó meu posto de traballo. Nun principio, comprendín que as bicicletas non durmiran nas rúas para que non sufreran vandalismo pero agora, durmen nas rúas e non se poden usar. Non ten sentido ningún. Por outra banda, totalmente de acordo coa proposta de que o servizo poda ser utilizado por persoas non residentes na cidade pero que, previa identificacióne pago, podan facer uso das bicicletas. Deste modo, e aplicando unha tarifa razonable, tamén poderíase financiar o servizo co fin de dotar de máis prestación ó mesmo. Noraboa pola iniciativa!

    Sen respostas
Non hai fitos definidos