Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 4

Propostas de investimento non viables: Distrito 4

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Praza de rúa Puerto Rico e rúa Filipinas

Renovación da praza de Rúa Puerto Rico e Rúa Filipinas

17/09/2022  •  xandregarcia  •  Distrito 4

A conservación e renovación dos espazos e zonas verdes no barrio dos Mallos debería ser unha prioridade por parte do Concello, posto que este barrio carecterizase por ter un trazado urbano antiguo, propio da época no que a prioridade era dar vivendas debido ó éxodo rural, co resultado  de ser unha zona densificada con poucos espazos públicos e zonas verdes.

Por iso, unha das poucas prazas que existen no barrio como é a praza que se atopa no cruce entre a rúa Puerto Rico e rúa Filipinas debería ser unha prioridade o seu mantemento e renovación para crear un barrio con vida e unha mellora na calidade de vida da veciñanza, conseguindo un espazo púbico verde  coidado que poida ser utilizado polos veciños. 

Actualmente, a praza atópase completamente abandonada, cunhas zonas verdes repletas de malas herbas e sen xardín, sendo utilizadas polos donos dos cans e gatos callejeros para facer as súas necesidades. A maiores, as árbores existentes creceron demasiado deixando unha estampa de desorden e descoidado. Así, o mobiliario e alumbrado público tamén está deteriorado. 

PROPOSTA: Levar a cabo unha actuación para renovar a praza, semellante a realizada na Praza de Padre Rubinos, axustada ó prosuposto dispoñible, podendo axustarse polo que respecta as zonas verdes:  a renovación das árbores existentes con especies autóctonas, acometer un reaxardinamento con plantas e flores, cortezas de pino para evitar o crecemento de malas herbas. 

Polo que respecta ó mobiliario: sustitución do alumbrado público para conseguir unha mellor iluminación e a sustitución dos bancos deteriorados existentes por outros máis modernos e nos que a xente se poida reunir nas mellores condicións posibles. 

Por último, e sendo tamén moi necesario, debería acordarse a creación dunha colonia felina nesta zona, posto que existe unha poboación de gatos callejeros que non está controlada, sendo que actualmente están alimentados pola veciñanza pero non se leva a cabo a súa desparasitación e esterilización para evitar o aumento dos mesmos. 

Eliminación de semáforos.

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Distrito 4

O semáforo é o elemento característico da mobilidade do pasado, e que no século XXI está chamado a unha progresiva supresión. Se comparamos a densidade de semáforos de cidades europeas que xa contan cun modelo de mobilidade sostible coa densidade de cidades como a nosa, sorprenderíanos a diferenza existente. 

Hai innumerables exemplos de zonas nas que existen semáforos que son perfectamente prescindibles, xa que regulan zonas con escaso tráfico ou simplemente regulan un paso de peóns que debería ser de preferencia peonil directamente. Nesta proposta, concretamente, suxerimos a eliminación do semáforo na confluencia entre Avenida dos Mallos con rúa Noia, pasando a contar con sinalización como pode ser un Stop ou un ceda ao paso.

Renovación e modernización da Plaza de Monforte

12/09/2022  •  jorgedominguez  •  Distrito 4

Ante a situación de deterioro desta praza proponse unha renovación da mesma coa intención de mellorar a calidade de vida dos cidadáns dunha contorna cunha importancia estratéxica para a zona polas seguintes razóns:

  • É un dos barrios cunha das mais altas densidades de poboación da cidade. Ademáis dita poboación é marcadamente xoven e ten un carácter multicultural.
  • Nela desembocan ata 6 rúas, con bloques de edificios, deducíndose a súa función eminentemente residencial. Porén unha parte importante desta praza segue a estar ocupada por espazos para coches.
  • É un dos centros de ocio máis importantes da cidade con bares, cafeterías como el Chaflán o el Linde que forman xa parte do patrimonio cultural inmaterial da cidade
  • Atópanse lugares de gran tránsito de persoas, como os xulgados ou non moi lonxe a futura estación intermodal.
  • Sitúanse numerosas institucións sen ánimo de lucro destinadas a fins sociais como a ONGs ACCEM, Cáritas, Casco e a Asociación de Alcohólicos Anónimos.

Por todo isto pénsamos na necesidade de renovar esta praza dotándoa de servicios de transporte sostibles e o fomento dun ocio saudáble que conviva co xa existente, e a dotación de infraestructuras para mellorar accesibilidade de todas as persoas, indistintamente da súa condición física. Propóñense polo tanto, tres actuacións:

  1. A instalación dunha parada de bicicoruña na praza
  2. A instalación dun pequeno gimnasio ao ar libre con barras tanto para facer exercicio físico aeróbico como anaeróbico, para todas as idades e condicións.
  3. Renovación dos asentoso e da iluminación para fomentar as reunións espontáneas, facendo a praza máis atractiva de cara a pasar tempo nela.
  4. Destacar o monumento que preside no centro a praza, adicado ás cerilleiras coruñesas, para fomentar a empatía e a comprensión cunhas cidadás traballadoras da nosa cidade, potenciando deste xeito o patrimonio cultural da nosa cidade e os valores que caracterizaron aos seus cidadáns.
san_isidoro.JPG

4 pasos de peóns por cruce

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Distrito 4

Son moitos os cruces na nosa cidade nos que conflúen dúas rúas e, en lugar de haber 4 pasos de peóns, só hai tres. Isto fai que como peón non continúes a liña do desexo, senón que teñas que facer un percorrido laberíntico para poder cruzar unha rúa. Á parte da incomidade que supón, incrementa a distancia a percorrer polo peón, polo que en ocasións se cruza de forma ilegal.

Por iso, dende Mobi-liza propoñemos que este tipo de cruces conten sempre con 4 pasos de peóns. Concretamente, esta proposta realizámola para o cruce das rúas San Isidoro con González del Villar, pero posteriormente pode ser extensible a outras ubicacións.

Na imaxe pode verse en vermello o percorrido que quere facer peón fronte ao que lle obriga o deseño urbano en azul.

Cruce a mejora

Mejoras cruce calle vizcaya con calle ricardo labaca

14/09/2022  •  josus  •  Distrito 4

Este cruce se compone de un grupo de cebreados para distribuir el tráfico, de tal tamaño, que se encuentra siempre ocupado por furgones, camiones y coches, impidiendo la visibilidad y provocando situaciones de peligro. Propongo mejorar y simplificar el cruce, utilizar el espacio restante para crear una zona de paso peatonal más ancha y con zona de jardín en caso de ser posible. Además el asfalto y las aceras en esta zona están muy deteriorados.

 

Melloras cruce rúa vizcaya con rúa ricardo labaca

 

Este cruzamento componse dun grupo de cebreados para distribuír o tráfico, de tal tamaño, que se atopa sempre ocupado por furgóns, camións e coches, impedindo a visibilidade e provocando situacións de perigo. Propoño mellorar e simplificar o cruzamento, utilizar o espazo restante para crear unha zona de paso peonil máis ancha e con zona de xardín en caso de ser posible. Ademais o asfalto e as beirarrúas nesta zona están moi deteriorados.

Mapa de la zona, en verde ya peatonalizado.

ACABAR DE PEATONALIZAR FRANCISCO CATOIRA

12/09/2022  •  Peatonaliza  •  Distrito 4

De los 3 tramos que tiene, sólo se encuentra peatonalizado hasta el número 20, entre la calle Angel Senra y Ronda de Outeiro.

La circulacion de la calle discurre paralela y en el mismo sentido a la Avda de Sardiñeira, en sus dos tramos, desde C/San Rosendo hasta C/Mariana Pineda y hasta Ronda de Outeiro.

La calle unicamente sirve para buscar aparcamiento. el 90% del trafico que pasa por la calle lo hace buscando una de las 10 plazas de libre aparcamiento que hay.

Deberían retirarse las plazas de libre aparcamiento. permitir el acceso solo a parkings y a carga y descarga, y derivar el trafico por la avenida.

500 coches que circulan para 10 plazas de aparcamiento qu eno se mueven, no tiene sentido.

Ruido Túnel Salgado Torres

15/09/2022  •  SergioMP  •  Distrito 4

El túnel de Salgado Torres presenta una cantidad de ruido muy alta para cualquier persona que vaya por el mismo tanto caminando como en bici haciendo este camino muy molesto y que poca gente lo use pese a gran servicio que da, ya que conecta Elviña con 4Caminos de una manera rápida y segura. Por lo que se propone la instalación de elementos que seas capaces de absorber el ruido y separar de ambos lados de circulación del túnel, ya que el ruido pasa de un lado a otro.