Na Coruña Contas

Volver

Eliminación de semáforos.

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 4113

O semáforo é o elemento característico da mobilidade do pasado, e que no século XXI está chamado a unha progresiva supresión. Se comparamos a densidade de semáforos de cidades europeas que xa contan cun modelo de mobilidade sostible coa densidade de cidades como a nosa, sorprenderíanos a diferenza existente. 

Hai innumerables exemplos de zonas nas que existen semáforos que son perfectamente prescindibles, xa que regulan zonas con escaso tráfico ou simplemente regulan un paso de peóns que debería ser de preferencia peonil directamente. Nesta proposta, concretamente, suxerimos a eliminación do semáforo na confluencia entre Avenida dos Mallos con rúa Noia, pasando a contar con sinalización como pode ser un Stop ou un ceda ao paso.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos