Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Arboreda nas marxes das sendas peonís e ciclables

Arboreda na senda peonil e ciclable do Parque de San Diego

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Toda a cidade

As árbores na contorna urbana resultan un elemento imprescindible para a loita ante o cambio climático. Mais tamén son un elemento que garante a calidade de vida e o benestar. Ao tratarse de desprazamentos a pé, en bici ou VMP aportan unha maior agradabilidade, aportando sombra nos días de calor e protección ante a chuvia, entre outras. 

Dende Mobi-liza cremos que as sendas peonís e ciclables deben contar con vexetación nas súas proximidades. Por iso, propoñemos que a senda ciclable e peonil que une o Parque de San Diego coa Avenida da Pasaxe conte con arboreda nas súas marxes (ou cando menos, nunha delas).

Reverse Vending

12/09/2022  •  Isaberu  •  Toda a cidade

Fomentar el reciclaje de residuos con puntos que podrán ser canjeados en premios o con descuentos en tiendas..

Los objetivos prioritarios serían el aluminio y PET.

Con la campaña de reciclaje se puede dar a conocer también el trabajo de compostaje que se realiza en Nostián. De esta forma el ciudadano tendría una visión real y actual de la planta de reciclaje y de como se utiliza posteriormente. 

Renovación de buses urbanos e do mapa de frecuencias

13/09/2022  •  dandx1906  •  Toda a cidade

Unha cidade coma a nosa merece un transporte Urbano do século XXI,con renovación total da frota de autobuses urbanos por uns eficientes e sostibles (eléctricos,etc..),mellora de frecuencias,reordenación de mapas de liñas de servizo,abonos mensuais e pago con tarxeta sen bancaria/móvil e recargas desde calquera caixeiro,podendo recargar o necesario,non 10€ como ata agora..A Coruña merece un transporte punteiro éñe a vangarda,sostible,ecolóxico,rápido e eficaz,en constante evolución de servizos para os coruñeses/as.

Semáforos amigables para o peón

Semáforos máis amigables para o peón na rotonda da Pasaxe.

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Toda a cidade

Os semáforos existentes na rotonda da Pasaxe son totalmente prexudiciais para o peón, en tanto que tardan infinitamente en poñerse en verde pese a ser solicitados. En Mobi-liza non somos nada partidarias da presenza de semáforos que deban ser solicitados polo peón (pois deberian ser solicitados polos coches, mentres que o peón debe ser a principal prioridade); pero xa de existir, cremos que deben ser practicamente instatáneos. Polo tanto, propoñemos que na rotonda da pasaxe sexan colocados uns semáforos como os existentes en Salgado Torres (á altura da parada Salgado Torres-Túnel) por dous motivos: non son de pulsar, senón de pasar a man por diante; e son practicamente instantáneos.

Localización da zona da inversión

CREACIÓN DUN COMPLEXO POLIDEPORTIVO NA CONTORNA DA FÁBRICA DE ARMAS

13/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Toda a cidade

Proposta de inversión na creación dun complexo polideportivo na área da fábrica de Armas nun espacio que xa ten usos deportivos. Esta poderá ser un importante equipamento para toda a contorna (Pedralonga, Eirís, Palavea, Santa Xema, etc.). A inversión terá que ter en conta esta cuestión e ofertar unha amplio servicio de instalacións e servizos (piscinas, saunas, salas de actividade, ximnasio, etc.).

Torre de hércules nocturna

Visitas nocturnas á Torre de Hércules permanentes

22/09/2022  •  bfrr  •  Toda a cidade

Durante o verán a Torre de Hércules ofreceu visitas nocturnas de forma puntual nos meses de xullo e agosto. Estas visitas tiñan un aforo moi limitado sendo moi complicado conseguir acceder a elas. Sería convinte que estas visitas estivesen dispoñibles durante todo o ano para que a xente poida coñecer os segredos do noso monumento máis recoñecible durante todo o ano.

Caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.

12/09/2022  •  MCP  •  Toda a cidade

Repartir pola cidade caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.

Dársena.

Reurbanización do paseo da Dársena-Parrote

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente o Paseo do Parrote  é unha vía que viu reducido o seu uso trala peonilización da Mariña, polo que as suas seccións de viais atópanse sobredimensionadas entre a Mariña e o cruce co paseo Sir John Moore. Ademais, os materiais empregados nalgunhas das beirarrúas atópanse moi deteriorados. Proponse a creación dunha vía de preferencia peonil (30km/h coa posibilidade de utilización de plataforma única), humanización da mesma coa implantación de mobiliario urbán e vexetación, así coma unha redefinición do cruce na zona do Hospital, garantindo un ancho mínimo legal de beirarrúa.  Poderíase estudar a opción de remarcar no pavemento a ubicación da antiga prisión, así como o trazado das murallas que transcurre baixo a rúa.

No caso de que a área de intervención exceda o orzamento máximo de intervención, pódese limitar dita intervención a área máxima que abarque segundo o límite orzamentario.

Municipalización das bibliotecas

23/09/2022  •  isabel.souto  •  Toda a cidade

Asunción do servizo das bibliotecas municipais externalizadas, que pasarían a ser de xestión municipal directa, mantendo ás traballadoras nos seus postos de traballo. Na proposta se incluirían os investimentos asociados de fosen necesarios para a municipalización do servizo (informes xurídicos, no seu caso compensacións, etc.).

Distribución global da enerxía undimotriz

Instalación dun xenerador de enerxía eléctrica a partir das ondas(en.undimotriz)

26/09/2022  •  bcaamanon  •  Toda a cidade

Co incremento dos prezos da energía eléctrica, e as consencuencias económicas e políticas da excesiva dependenza dos combustibles fósiles, o investimento e a diversificación nas alternativas renovabeis estase consolidando.

Polas súas carácterísticas, A Coruña podería cubrir parcialmente a súa demanda de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía das ondas (undimotriz). Outras cidades do norte, coma é o caso de Santander, teñen posto en marcha centros de investigación e plantas piloto con obxectivo de desenrolar e avaliar o seu potencial práctico.

A miña proposta consistiría na elaboración dun estudo para determinar en que parte da costa do concello (ou mesmo da área metropolitana) tería máis sentido a instalación du xenerador undimotriz piloto. Posteriormente, podería pasarse a unha fase de licitación onde se escollese o modelo cunhas características custo-beneficio máis axeitadas.

A posta en marcha e operación inicial do xenerador podería levarse a cabo en colaboración entre o MUNCYT, a Casa dos Peces e mesmo personal investigador da UDC. Posteriormente, en función dos resultados obtidos, podería pensarse en asignar personal propio mantendo a conexión cos  proxectos de investigación da UDC.