Na Coruña Contas

Volver

Instalación dun xenerador de enerxía eléctrica a partir das ondas(en.undimotriz)

bcaamanon bcaamanon  •  26/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Distribución global da enerxía undimotriz
Distribución global da enerxía undimotriz

Código proposta de investimento: 4207

Co incremento dos prezos da energía eléctrica, e as consencuencias económicas e políticas da excesiva dependenza dos combustibles fósiles, o investimento e a diversificación nas alternativas renovabeis estase consolidando.

Polas súas carácterísticas, A Coruña podería cubrir parcialmente a súa demanda de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía das ondas (undimotriz). Outras cidades do norte, coma é o caso de Santander, teñen posto en marcha centros de investigación e plantas piloto con obxectivo de desenrolar e avaliar o seu potencial práctico.

A miña proposta consistiría na elaboración dun estudo para determinar en que parte da costa do concello (ou mesmo da área metropolitana) tería máis sentido a instalación du xenerador undimotriz piloto. Posteriormente, podería pasarse a unha fase de licitación onde se escollese o modelo cunhas características custo-beneficio máis axeitadas.

A posta en marcha e operación inicial do xenerador podería levarse a cabo en colaboración entre o MUNCYT, a Casa dos Peces e mesmo personal investigador da UDC. Posteriormente, en función dos resultados obtidos, podería pensarse en asignar personal propio mantendo a conexión cos  proxectos de investigación da UDC.

 

Localización: Illa do Pé (diante da Casa dos Peces), coma unha proposta a considerar.

Informe de inviabilidade

A proposta é inviable porque a actuación non é competencia do Concello da Coruña senon que entra directamente no ámbito do dominio público marítimo terrestre, sendo competencia de Costas Estado.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos