Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización do paseo da Dársena-Parrote

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Dársena.
Dársena.

Código proposta de investimento: 3856

Actualmente o Paseo do Parrote  é unha vía que viu reducido o seu uso trala peonilización da Mariña, polo que as suas seccións de viais atópanse sobredimensionadas entre a Mariña e o cruce co paseo Sir John Moore. Ademais, os materiais empregados nalgunhas das beirarrúas atópanse moi deteriorados. Proponse a creación dunha vía de preferencia peonil (30km/h coa posibilidade de utilización de plataforma única), humanización da mesma coa implantación de mobiliario urbán e vexetación, así coma unha redefinición do cruce na zona do Hospital, garantindo un ancho mínimo legal de beirarrúa.  Poderíase estudar a opción de remarcar no pavemento a ubicación da antiga prisión, así como o trazado das murallas que transcurre baixo a rúa.

No caso de que a área de intervención exceda o orzamento máximo de intervención, pódese limitar dita intervención a área máxima que abarque segundo o límite orzamentario.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos