Na Coruña Contas

Volver

Arboreda na senda peonil e ciclable do Parque de San Diego

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Arboreda nas marxes das sendas peonís e ciclables
Arboreda nas marxes das sendas peonís e ciclables

Código proposta de investimento: 4101

As árbores na contorna urbana resultan un elemento imprescindible para a loita ante o cambio climático. Mais tamén son un elemento que garante a calidade de vida e o benestar. Ao tratarse de desprazamentos a pé, en bici ou VMP aportan unha maior agradabilidade, aportando sombra nos días de calor e protección ante a chuvia, entre outras. 

Dende Mobi-liza cremos que as sendas peonís e ciclables deben contar con vexetación nas súas proximidades. Por iso, propoñemos que a senda ciclable e peonil que une o Parque de San Diego coa Avenida da Pasaxe conte con arboreda nas súas marxes (ou cando menos, nunha delas).

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos