Na Coruña Contas

Volver

CREACION DE MÁIS ESTACIÓNS DE BICICORUÑA E ENLAZAR COS CONCELLOS DA ÁREA METROPO

florblanco florblanco  •  14/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3820

Hai moitas zonas da cidade sen estacións de BIciCoruña e cremos que todos os barrios deben ter dereito a unha estación.

Ademais cremos que, como pasou cos buses, as estacións de BiciCoruña deben axudar á conexión coa área metropolitana (Perillo, Santa Cristina, O Burgo,...)

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ClaraVidal

    BiciCoruña non pode saír do concello. É unha norma. O que si poden é facilitar a ligazón con medios de transporte que leven a outros concellos. Por exemplo, se poñen unha estación na Pasaxe, ao cruzar, pódese coller transporte para Oleiros costa, para Oleiros-Perillo. Da outra parte da rotonda, para Culleredo, Fonteculler, O Burgo, Cambre...

    Sen respostas
Non hai fitos definidos