Na Coruña Contas

Volver

Marquesinas Bicicoruña

rcarracedo@gmail.com rcarracedo@gmail.com  •  12/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Marquesina Bici
Marquesina Bici

Código proposta de investimento: 3689

A climatoloxía da nosa cidade fai que as bicicletas estén expostas á choiva e ao resío matutino con moita frecuencia. Isto provoca que cando se queiran retirar bicicletas estacionadas, estén todas empapadas.

A repercusión para o usuario esporádico é que o simple uso do servicio provoca unha molladura, independentemente de que xa non esté chovendo, posto que o sillín e o vehículo estan mollados.

A repercusión para o mantemento das bicicletas tamén debe ser tido en conta, non só porque lles afecte a humidade, senón tamén porque esta é corrosiva dado o ambiente salino da nosa ubicación.

Por outro lado, considero que a separación entre as estacións de bicicletas é excesiva. A determinadas horas están todas as prazas ocupadas ou sen ningunha bicicleta, se precisas deixar ou coller unha, tés que ir á estación que che queda a desmán do teu destino.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos