Modo vista
- Tarxetas
- Lista
Zonas verdes no Agra Do Orzán
22/09/2021 • • Distrito 6
O Agra do Orzán é o barrio máis deshumanizado de toda a cidade, con poucas árbores (e as que se retiran non se volven repoñer, como no cruce de Vila de Negreira con páramo) e ningunha zona verde, a pesar de ter un terreo enorme como o do observatorio e arredores. Quizais non se poida usar todo o terreo, pero seguro que outro moito si que poderá ter uso público.