Na Coruña Contas

Volver

Zonas verdes no Agra Do Orzán

isidrocea isidrocea  •  22/09/2021  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 2920

O Agra do Orzán é o barrio máis deshumanizado de toda a cidade, con poucas árbores (e as que se retiran non se volven repoñer, como no cruce de Vila de Negreira con páramo) e ningunha zona verde, a pesar de ter un terreo enorme como o do observatorio e arredores. Quizais non se poida usar todo o terreo, pero seguro que outro moito si que poderá ter uso público.

Localización: Observatorio meteorolóxico

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "La zona del observatorio que se señala en la propuesta está pendiente del planeamiento de desarrollo y, por tanto, no se puede intervenir de manera directa en este momento. Pero se puede mejorar el barrio arbolando alguna calle y mejorando las zonas verdes del barrio en general con más arbolado, zonas verdes en cruces, etc., hasta el límite máximo de presupuesto para la partida de distritos."


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ClaraVidal

    Eu veño de propor ampliación de zonas verdes con máis espazo para aparcar que evite duplas fileiras e redireccionando o tráfico. Creo que as zonas verdes poden poñerse aos poucos e dispersas e sobre todo que deben coidarse (hai unha árbore moribunda en Belavista todo o ano, mentres outra, a pobre, vai resistindo e florece). Zonas peonís como Cuba ou Barcelona poderían ter perfectísimamente zonas verdes ao longo. Obviamente, si se necesita un espazo máis grande, non unha árbore chantada cada pouco: parque da Agra xa!

    Sen respostas
Non hai fitos definidos