Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 4

Carril bici túnel da avenida de Arteixo

22/09/2021  •  freedirect1  •  Distrito 4

No túnel da Avenida de Arteixo por debaixo a Rolda de Nelle actualmente hai dous carrís moi amplios, penso que se se diminúe o tamaño destes carrís podería crearse un carril bici en sentido subida (dirección saída da cidade) para que as bicis non teñan que subir ata a Rolda de Nelle. 

11 apoios

Remodelación aledaños igrexa de San Pedro de Mezonzo

22/09/2021  •  freedirect1  •  Distrito 4

A zona da igrexa de San Pedro de Mezonzo está en mal estado de conservación, as lousas do chan están moi deterioradas e continuamente se levantan. Habería que remodelar íntegramente o chan e facer unha instalación dun parque infatil e un ximnasio ao aire libre para aproveitar ese espazo infrautilizado.

13 apoios

Carril bici aprovechando obra de urgencia Avda.Arteixo cruce cin Ronda de Nelle

26/09/2021  •  J.R.  •  Distrito 4

Sería beneficioso que se aprovechase la reforma urgente del cruce entre la Avda.de Arteixo y la Ronda de Nelle para crear un carril bici a lo largo de la avda de Arteixo  que enlace el centro con las actuaciones que ya se están llevando a cabo en el carril bici en dicha Avenida a la altura de la piscina de la Sardiñeira.

37 apoios
20210225185744_zabalgana-auzoa-gasteiz-i_amp_w1200.jpg

Fondo de saco en rúa San Sebastián

03/10/2021  •  Mobi-Liza  •  Distrito 4

A rúa San Sebastián é empregada por coches a altas velocidades co fin de evitar o xiro a dereita dende Avda Fisterra a Rolda de Nelle, o cal xera inseguridade para os peóns. Polo tanto, dende Mobi-liza cremos que pode ser empregada unha fórmula das chamadas fondo de saco, o cal desincentiva o uso desta vía por parte de tráfico de paso, quedando só para residentes. A medida podería consistir na colocación dun xardineira ou doutro mobiliario urbano, que "rompa o tráfico", na propia rúa San Sebastián entre Cancela de afuera e San Leandro. Así, os residentes e do garaxe San Sebastián poden seguir accedendo pola propia rúa San Leandro; mentres que se evita o tráfico de paso polo barrio.

Deixamos un enlace dun plan máis ambicioso do concello de Vitoria-Gasteiz poñendo en práctica os fondos de saco para que se entenda mellor a proposta: https://www.eitb.eus/es/noticias/sociedad/detalle/7870050/vitoriagasteiz-el-proyecto-crear-10-supermanzanas-zabalgana/

13 apoios
Paso peatones en Antonio Viñes

Paso de Peatones en Antonio Viñes/Calle de la Paz

04/10/2021  •  cacu  •  Distrito 4

La calle Antonio Viñes es larga y con una pendiente muy acusada. Por su margen izquierda no tiene acceso a ninguna otra calle y por su margen derecha desembocan 4 calles; solo en la confluencia con la Falperra y la calle Asturias (ambas en sus extremos), hay pasos de peatones para cruzar Antonio Viñes. Esto, que pudiera no parecer importante, lo es y mucho, para las personas con movilidad reducida o con carritos de bebé, pues no hay que olvidar que es una calle con gran pendiente y los vecinos que viven en medio no pueden cruzar con seguridad si quieren ir a la calle de la Paz o a la calle Santander. Considero, pues, necesario contar con al menos un paso más de peatones en el cruce con la calle de la Paz, que es dónde comienza la pendiente más grande. A mayores de esta clara necesidad, propongo que en las esquinas y en la línea de aparcamiento, intercalados entre los coches y al lado de los contenedores, se planten algunos árboles que alegren la calle.

6 apoios
Rúa Vizcaya

Reforma da Rúa Vizcaya

03/10/2021  •  Marcos Pérez Pena  •  Distrito 4

A rúa Vizcaya, como moitas outras do barrio do Mallos, leva anos á espera de melloras, especialmente pensando nos peóns e -sobre todo- naqueles con máis dificultades de mobilidade, dende persoas maiores, en cadeira de rodas ou viandantes con carros de bebé. Cómpre unha reforma que amplíe o tamaño das beirarrúas, que na actualidade incumpren a normativa de accesibilidade, pois teñen unha anchura inferior a 1,80 metros.

A ampliación das beirarrúas debería ir acompañada do plantado de árbores entre a Praza de Monforte e a Avenida de Arteixo e podería aproveitarse para a reurbanización doutras rúas próximas que tamén incumpren a normativa de accesibilidade, como a rúa da Falperra (entre Ronda de Nelle e Rúa Noia) ou a Rúa Asturias, entre outras.

A Rúa Vizcaya funciona xa hoxe como unha vía de conexión entre a Praza Monforte (e por extensión os Xulgados e a zona de Cuatro Caminos) e a Avenida dos Mallos, a Avenida de Arteixo, o Parque de Santa Margarita e o conxunto do barrio da Sagrada Familia. Unha reforma que a convertese nunha rúa máis "paseable" e cómoda para camiñar e tamén para circular en bicicleta e VMP (grazas a unha mellora do firme e á limitación de velocidade), facilitaría a conexión entre barrios e achegaría o Parque de Santa Margarita a outras zonas da cidade. Sería unha oportunidade para estimular o actualmente degradado tecido comercial. Sería un bo complemento, finalmente, para a actual reforma do cruce entre Ronda de Nelle e Avenida de Arteixo, onde remata a Rúa Vizcaya.

18 apoios

Zona de espera para familias Ceip Rosalía de Castro

04/10/2021  •  AnpaAturuxo  •  Distrito 4

No exterior do centro escolar (CEIP Rosalía de Castro) se viñeron realizando melloras moi necesarias. Sería importante habilitar na entrada principal ó centro escolar (rúa río Avia) unha zona suficiente na beirarrúa para que as familias poidan esperar polos nenos e polas nenas en horario de tarde ó entrar e saír para realizar as actividades extraescolares

12 apoios
IMG_20210811_001840_322.jpg

Reverdecer la Glorieta de América plantando más árboles, flores y plantas

26/09/2021  •  elena_sarmiento_diez  •  Distrito 4

La Gloria de América como acceso al Palacio de la Ópera debería ser un espacio más verde con árboles, plantas y flores para mejorar el entorno.

18 apoios
Cruzamento Ribadavia

URBANIZACIÓN DO CRUZAMENTO DA RÚA RIBADAVIA COA RÚA VIZCAYA

22/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 4

Modificación do cruzamento creando unha praza de estancia para os veciños nun barrio con poucos espazos para o esparcemento.

 

 

24 apoios

BANDAS RUGOSAS EN CALLE URUGUAY

20/09/2021  •  agustino  •  Distrito 4

Colocar bandas reductoras de velocidad en la calzada, en la calle Uruguay, a la altura del paso de peatones del acceso al Palacio de la Ópera, o bien hacer el paso de peatones elevado.

Es un punto peligroso para los peatones por la elevada velocidad que llevan los automóviles en ese tramo.

11 apoios