Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Demolición del viaducto de la Avenida del Ejército

04/10/2021  •  elena_sarmiento_diez  •  Distrito 8

Demolición del viaducto de la Avenida del Ejército igual que se demolió el viaducto de la Ronda de Nelle.

 

 

Ampliación Parque infantil de Eiris

28/09/2021  •  Jennifer  •  Distrito 8

En la actualidad, el parque d Eiris cuenta con una grandísima extensión, y sin embargo pocos metros cuadrados estan destinados al uso infantil. Existen en la actualidad dos zonas dedicadas al uso infantil, por un lado un tobogán y una tirolina, y por otro lado un pequeño parque infantil que cuenta con un tobogán, rueda, pequeños balancines y dos columpios. 

 

Es un parque que se queda pequeño, tanto en dimensión para la cantidad de niños que se reúnen todos los días allí,como en actividades y diversidad. 

 

Sería interesante ampliar dicha zona de juego, haciéndola mucho más atractiva y valida para niños de diferentes edades.

Ampliación da beirarrúa en rúa Ginebra

03/10/2021  •  Mobi-Liza  •  Distrito 8

A rúa Ginebra, á altura da Coca Cola, conta con dous carrís de circulación no mesmo sentido. Sen embargo, a beirarrúa é estreita. Polo tanto, dende Mobi-liza propoñemos a ampliación da beirarrúa diante da Coca Cola mediante a eliminación dun dos carrís de circulación. Deste xeito entendemos que se favorecería a mobilidade a pé dende O Burgo-Santa Xema-Palavea ata o Campus de Elviña

Estación de Bici-Coruña en la Playa de Oza

25/09/2021  •  elena_sarmiento_diez  •  Distrito 8

Creación de una parada de Bici-Coruña en la playa de Oza

Varaderos_Oza.JPG

Centro cultural recreativo Estilero de Oza

02/10/2021  •  carolinablancoa  •  Distrito 8

Propoño o aproveirtamento e rehabilitación dos edificios baleiros dos estaleiros do porto Oza.

Habilitar os espazos para crear centros de usos multiples con salas de ensayos para asociacións e agrupacións e cidadanos da Coruña. Un espazo tantopara a música, a danza e as artes escenicas e todo tipo de practicas artisticas que non atopan una lugar onde levar acabo ensaios, mostras, impartir obradoiros facer encontros. O centro poderia ser algo máis participativo e verdadeiramente cidadan do que son os centro civios da cidade. Estando en tal ubicación poderia integrar espazos onde se poda practicar deporte da rúa como skate ou parkull, permitir ensayos e concertos de banda de rock. Dar cabida tantas iniciativas artisticas e deportivas que xurden na cidadania e que non atopan espazos para medrar e perfeccionarse.

Salas experimentalais, salas de usos multiples, espazos para espectaculos de mediano formato ao aire libre. 

Un proxecto similir levouse acabo en Valenvia na antiga fabrica de bombas hidraulicas Bombas Gens hoxe en día  Centre d'Art

https://fpaa.es/edificio/rehabilitacion/

Panel informativo

Panéis informativos en Eirís: Facilitar a participación tamén no rural

04/10/2021  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Nestes tempos parece moitas veces que internet é a solución a todo. Para acceder a servizos, a información, a participar...

Pero non podemos esquecer que non toda a sociedade ten acceso a internet, nin se manexa nas redes. E menos nun barrio coma Eirís, onde moitas en moitas vivendas non nos queren poñer Fibra óptica e a conexión a internet é dunha calidade pésima. 

Isto fai que moitas veces haia xente que queda fora dese circuito cultural, sociocultural, de ocio, social, pedagóxico... 

No caso de Eirís, o Centro Cívico está ubicado na Canteira de Eirís, e tampouco é un sitio de paso para a maior parte do barrio. 

Por isto, e para facilitar o acceso á información do que alí pode acontecer, así como de actividades culturáis, asembleas veciñáis, etc...  para favorecer a participación e a interacción co resto da veciñanza, solicitamos a instalación de 3 panéis informativos nas zonas máis alonxadas do Centro Cívico. 

ampliar_beirarrua_canteira_de_Eirís.jpg

Ampliación da beirarúa na Canteira de Eirís - Camiño de Santiago

04/10/2021  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Na avenida de Monelos, no tramo que vai dende o número 217 ata o 221 da mesma, hai un estreitamento da beirarrúa que fai que non se poidan cruzar dúas persoas, e que as cadeiras de rodas teñan que circular pola calzada.

- É Camiño de Santiago. Da pena ver pasar xente coas mochilas polo asfalto porque non lles caben.

- Por aí baixan e suben centos de coches do CHUAC a diario, e en época escolar súmase o incremento de vehículos en entrada e saída por desprazamentos a escolas. -A escasos metros está a parada do bus de varias escolas, e é unha zona bastante transitada. - A beirarrúa de enfronte que ven dende a subestación de Fenosa está sen rematar a esta altura, polo que é obrigatorio para subir ou baixar por esa zona ir por ese tramo de beirarrúa tan estreito. - No centro da vía hai unha illa que ocupa un espacio estéril. Todo isto é caldo de cultivo para que haia moitos sustos entre coches e peóns, e ten habido xa varios atropelos e choques. SOLICITAMOS que se amplíe esa beirarrúa  sobre o asfalto, e que se amplíe o asfalto polo lado de enfronte, polo fermoso arcén que hai sen uso do outro lado da rúa E que se habilite a beirarrúa de enfronte ata o paso peonil.

Esta é a localización exacta do estreitamento: https://www.google.es/maps/place/Renior+Eletr%C3%B3nica/@43.3429566,- 8.3974609,3a,75y,159.81h,77.66t/data=!3m6!1e1!3m4!1sOrhkXYWrLdfPzMQPgZV-fg!2e0!7i16384! 8i8192!4m5!3m4!1s0xd2e7ca75ca06631:0x59204eb422a38c96!8m2!3d43.3426766!4d-8.3971016? hl= gal

Mejora del Barrio de Xuxan y en las instalaciones del CEIP Ramon de la Sagra

26/09/2021  •  Vanessa  •  Distrito 8

Buenas tardes,

El barrio presenta un lamentable estado de abandono, con maleza y las zonas verdes sin acondicionar. La ausencia de parques infantiles y zonas habilitadas provoca que los niños que ya viven en la zona se tengan que desplazar para tener una tarde de recreo. Esta situacion provoca que los hosteleros/empresarios  no inviertan en los bajos que ya estan disponibles al no tener, el barrio, una presencia aceptable.

Con respecto al CEIP, seguramente sea la Xunta quien tenga que intervenir, pero entiendo que deberia tener un poco de presion al respecto. Todos saben el problema que tienen ahora con el profesorado, pues en las instalaciones no esta mucho mejor. Viendo como mejoran los demas Colegios de Enseñanza Publica, tales como el Maria Pita o el San Francisco Javier, el Ramon de la Sagra no ha mejorado en Patio (sigue sin beneficiarse de uno cubierto), ni en gimnasio ni en aulas (excepto el suelo de algunas clases) por lo que seria bueno mirar por la educacion del futuro

 

Gracias

Un saludo

CREACIÓN DUN PARQUE INFANTIL EN SANTA XEMA

20/09/2021  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 8

Demándase a creación dun parque infantil ou área de lecer con equipamento infantil para a zona de Santa Xema xa que na actualidade as familias veciñas da zona carecen dun mínimo equipamento de este tipo. Poderían contemplarse diferentes propostas de emplazamento para acondicionar a proposta ao mellor proxecto. Esta proposta leva sendo solicitada dende os orzamentos participativos do 2017. 

 

 

Creación dun centro artístico nas naves abandonadas dos estaleiros

04/10/2021  •  maboro  •  Distrito 8

Recuperar as naves abandonadas dos estaleiros Válida e crear nelas un complexo artístico e cultural ao estilo do Matadero de Madrid ou da LX Factory de Lisboa.