Na Coruña Contas

Volver

Ampliación da beirarúa na Canteira de Eirís - Camiño de Santiago

monicaeiris monicaeiris  •  04/10/2021  •  Distrito 8  • 

ampliar_beirarrua_canteira_de_Eirís.jpg
ampliar_beirarrua_canteira_de_Eirís.jpg

Código proposta de investimento: 3637

Na avenida de Monelos, no tramo que vai dende o número 217 ata o 221 da mesma, hai un estreitamento da beirarrúa que fai que non se poidan cruzar dúas persoas, e que as cadeiras de rodas teñan que circular pola calzada.

- É Camiño de Santiago. Da pena ver pasar xente coas mochilas polo asfalto porque non lles caben.

- Por aí baixan e suben centos de coches do CHUAC a diario, e en época escolar súmase o incremento de vehículos en entrada e saída por desprazamentos a escolas. -A escasos metros está a parada do bus de varias escolas, e é unha zona bastante transitada. - A beirarrúa de enfronte que ven dende a subestación de Fenosa está sen rematar a esta altura, polo que é obrigatorio para subir ou baixar por esa zona ir por ese tramo de beirarrúa tan estreito. - No centro da vía hai unha illa que ocupa un espacio estéril. Todo isto é caldo de cultivo para que haia moitos sustos entre coches e peóns, e ten habido xa varios atropelos e choques. SOLICITAMOS que se amplíe esa beirarrúa  sobre o asfalto, e que se amplíe o asfalto polo lado de enfronte, polo fermoso arcén que hai sen uso do outro lado da rúa E que se habilite a beirarrúa de enfronte ata o paso peonil.

Esta é a localización exacta do estreitamento: https://www.google.es/maps/place/Renior+Eletr%C3%B3nica/@43.3429566,- 8.3974609,3a,75y,159.81h,77.66t/data=!3m6!1e1!3m4!1sOrhkXYWrLdfPzMQPgZV-fg!2e0!7i16384! 8i8192!4m5!3m4!1s0xd2e7ca75ca06631:0x59204eb422a38c96!8m2!3d43.3426766!4d-8.3971016? hl= gal

Localización: Avenida de Monelos 217/221

Proposta en nome de: Asociación Vecoñal de Eirís "Uío Carré"

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos