Na Coruña Contas

Volver

Reverdecer a cidade

maria21 maria21  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2842

Demasiadas prazas de cemento e pouca arboleda. Plantas e flores en zonas tristes da cidade.

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE. Trátase dunha proposta que, aínda que sen localización específica, céntrase en zonas consolidadas da cidade. Para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, establecéronse prezos "tipo" segundo os lugares de plantación posibles, que habería que determinar no momento da execución desta actuación. O prezo de plantación de arbolado non pode ser igual en rúas, prazas ou outras zonas urbanizadas, que, de forma xeral, teñen pouca dispoñibilidade de espazo adecuado, que en zonas axardinadas ou parques urbanos con maior dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a rego. Así mesmo, tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (16/18 en rúas e 14/16 en parques e zonas verdes urbanas), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes e drenaxes, dotación de sistemas de autorego para os primeiros meses, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderianse plantar unha media de 700 árbores en áreas predominantemente urbanas, respectando unha distribución equilibrada entre as tipoloxías de prezos calculadas para diferentes situacións posibles. Non obstante, a pinza podería variar entre un mínimo de 350 e un máximo de 1400 exemplares. A plantación de plantas con flores ornamentais xa está prevista actualmente nas actuacións de mantemento e conservación de parques e xardíns. Moitas grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • begopaz

    Me parece excesivo destinar el total del presupuesto a esta iniciativa..........aunque si estoy de acuerdo con reverdecer la ciudad. .............Quizá , con la otra parte del presupuesto, no con este millón que queda para consenso de los vecinos, si podrían impulsar un plan para reverdecer la ciudad.....

    Sen respostas
Non hai fitos definidos