Na Coruña Contas

Volver

REFORESTACIÓN INTEGRAL DA CIDADE

xoanalberte xoanalberte  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2645

Prantación masiva de árbores en toda a cidade, no centro, nos barrios i en todo o paseo marítimo, e por suposto no Parrote e A Mariña. O que sería unha auténtica reforestación da Coruña. Acabar con esa imaxe, e realidade, de cidade gris sen verde.

Nas rúas con beirarrúas estreitas, prantar entre prazas de aparcamento de coches como se fixo,por exemplo, en Fernández Latorre.

Unha rúa con árbores é máis humana e agradable para vivir e pasear. É necesario facelo tanto en avenidas e rúas principais como nas pequenas, que tamèn o merecen e o necesitan.

APOSTAR POR UNHA CORUÑA VERDE DUNHA VEZ. 

REFORESTEMOS A CORUÑA!!

 

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE. Trátase dunha proposta que, aínda que sen localización específica, está moi dirixida ao ámbito urbano. Para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, establecéronse prezos "tipo" segundo os lugares de plantación posibles, que habería que determinar no momento da execución desta actuación. O prezo de plantación de arbolado non pode ser igual en rúas, prazas ou outras zonas urbanizadas, que, de forma xeral, teñen pouca dispoñibilidade de espazo adecuado, que en zonas axardinadas ou parques urbanos, con maior disponibilidad de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a rego. A estimación económica do prezo unitario de arbore plantada ten que ser diferentes tamén en zonas pavimentadas sobre espacios edificados (aparcamentos subterráneos, túneles…) ou en zonas periféricas, bordes viales, parcelas municipais de espazos libres sen urbanizar, etc.. Así mesmo, tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (16/18 en rúas, 14/16 en parques e zonas verdes urbanas e 12/14 en zonas pouco accesibles), para garantir a súa viabilidade, así coma outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes, dotación de sistemas de autorego para os primeiros meses, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 700 árbores en áreas de todo tipo, respectando unha distribución equilibrada entre as tipoloxías de prezos calculadas para diferentes situacións posibles. Nons obstante, a pinza podería variar entre un mínimo de 350 e un máximo de 1400 exemplares. Grazas pola túa achega ao programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa colaboración na seguinte edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos