Na Coruña Contas

Volver

Mellora de comunicacións e humanización do barrio de Eirís

marqrego marqrego  •  16/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2559

O barrio de Eirís consta cunha grande área verde, un pequeno pulmón nas aforas da cidade, que ademáis está dotado dunhas aceptables zonas de xogo e esparcimento. A pesar diso, a avenida da Madosa que bordea o parque, non ten nin unha soa parada de liña de autobús. A miña proposta consiste en achegar a zona ao resto da cidade. O barrio atópase nunha zona afastada, de difícil acceso peonil polas abundantes pendentes. Sería moi sinxelo achegalo á cidade acometendo dúas pequenas melloras:

- Instalación de punto de bicis na zona do parque de Eirís.

- Modificación das liñas de bus para facer que alomenos unha liña de autobús poda circular e ter parada na ampla Avenida da Madosa.

O plan podería debería ser máis ambicioso, e complementándoo con outras dúas actuacións de máis custo:

- Instalación de carril bici ata a zona, que podería transcurrir pola Avenida de Monelos hacia 4 Camiños (por ser de pendentes máis prolongadas e menos bruscas), co que melloraría a comunicación cun punto máis céntrico da cidade.

- Creación dunha senda verde peonil (e tamén para bicis) ata a praia de Oza, que humanizaría unha zona bastante incamiñable na actualidade, plenamente dominada polo coche privado a altas velocidades (cruce do tunel de Eirís coa Avenida do Porto, de diferentes niveles de circulación). Esto permitiría mellorar a comunicación hacia os Castros, Oza e San Diego.

Por último, unha vez achegada a zona ao resto da cidade, dotación de máis zonas de ocio no parque: ampliar as zonas infantís, complementalas con ocio para maiores, instalación de mesas para merendas e máis arbolado para poder dispor de zonas de sombra, actualmente escasas.

En resume, mellora humana das comunicacións entre a zona de Eirís e o resto da cidade. Para a xente do barrio, resulta moi difícil sair a "dar un paseo", sen ter que coller o coche para ir ao paseo de Riazor a pasear (por exemplo). Asimismo, ninguén do resto da cidade vai dar un paseo ata a zona de Eirís.

Noraboa pola iniciativa.

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE coas seguintes consideracións: "A proposta establece dúas parellas de accións. A primeira parella recolle dúas propostas: "Instalación de punto de bicis na zona do parque de Eirís" que supón un orzamento base de licitación de 24000 €; e a "Modificación das liñas de bus para facer que alomenos unha liña de autobús poda circular e ter parada na ampla Avenida da Madosa" que non se trata dun gasto de investimento e polo tanto non pode considerarse Viable según os criterios establecidos. A segunda parella de accións son Inviables neste momento: a "Instalación de carril bici ata a zona, que podería transcurrir pola Avenida de Monelos hacia 4 Camiños " atópase no trazado do Camiño de Santiago Inglés según Decreto 110/2014, do 4 de setembro que obriga a adaptación dos PXOMs dos Concellos afectados a súas determinacións; a "creación dunha senda verde peonil (e tamén para bicis) ata a praia de Oza"está conndicionada pola titularidade dos terreos que son en gran parte propiedade da administración do Estado o que imposibilita o gasto de inversión do concello. Por último valórase a ampliación da zona de xogos infantís (80.000€), a instalación de zona de aparatos biosaudables (1500€ x 6= 9000€), e mesas/banco merendeiros (1000€ x 10= 10.000€)". Dámosche as grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa colaboración nas seguintes edicións do programa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • sagrey_2016

    Engadiria ainda algo mais fundamental para unha parte desde Barrio, na zona alta está un tramo da "corredoira" Castaño de Eiris que carece dos servicios mínimos.....non temos acceso a rede de alcantarillado, non temos acera e a diario pasan multitudes de persoas andando cara o hospital dende os aparcamentos, non temos posibilidades de acceder a fibra óptica, non temos posibilidades de optar ó gas natural, por ter, non temos nin posibilidades de acceder moitas veces ás nosas propias viviendas porque a xente aparca diante da porta, e si temos moita maleza e escombros e lixo na nosa corredoira, moitos postes con cables, pedras, e a pesar de construir casa novas e rehabilitar algunha, momento no que se podía dispor de algún metro mais expropiarle para ampliar o estrechamiento da rua non se fixo, non temos sumidoiros de pluviais, non temos servizo diario de recollida do lixo, non temos donde depositar os restos das nosas a podas, eso sí de vez en cuando visítannos as ratas......

    Sen respostas
Non hai fitos definidos