Na Coruña Contas

Volver

Mellora no acceso peonil dende o Parque de Eirís á praia de Oza

celeiroa celeiroa  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2344

Sería moi interesante para os veciños da zona do Castrillón e Eirís un acceso mais sinxelo á praia de Oza para poder achegarnos camiñando.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE polo noso equipo técnico por non cumprir un dos criterios requiridos nos Orzamentos Participativos que é ser gasto de investimento en solo municipal. A mellora da accesibilidade desde os barrios de Eirís e Castrillón está condicionada pola titularidade dos terreos que son en gran parte propiedade da Administración do Estado o que imposibilita o gasto de inversión do Concello. A definición dun percorrido " mais sinxelo á praia de Oza para poder achegarnos camiñando" debe xurdir dun consenso entre veciñanza e as diferentes administracións implicadas que o Concello promoverá. Con todo agradecémosche a túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • asturianconexion

    Apoio esta idea, quería propoñela eu pero visto que xa está que mellor que darlle o meu apoio. Xa non para xente que baixe a praia, tamén somos moitos os que baixamos a correr ao paseo de San Diego e da Praia de Oza e non temos un paso en condicións, sobre todo fora das épocas estivais, onde hai barro, terreo irregular e falta completa de iluminación para os que baixamos dende o Skate Park ata o concesionario Renault Caeiro, deberían acondicionar e iluminar esa ruta; mellorar a señalización dos pasos peonís na rotonda de Casablanca e crear un novo acceso sen ter que ir a pasarela actual que é moi estreita, queda lonxana e dificulta o paso de peón e bicis.

    Sen respostas
  • RB

    Na actualidade os veciños de Os Castros e Castrillón, cando imos andando á praia de Oza, accedemos dende o Paseo Marítimo Os Castros Casablanca a unha pasarela peonil que transcorre por riba da vía do tren e, a continuación temos un percorrido paralelo á vía do tren. Este acceso é moi deficitario e debería mellorarse para facilitar que estes veciños poidan ir andando.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos