Na Coruña Contas

Volver

Mellorar o uso recreativo do Parque de Bens

unvecino unvecino  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2329

Facer un proxecto de mellora do Parque de Bens que permita potenciar o seu uso. Por exemplo xa que o Parque de Bens é moi visitado polos donos de cans dotalo de bebedeiros para cans, unha zona canina ou un circuito de agility para cans,  ademáis de dotalo doutros usos recreativos como poidesen ser zonas de merendeiros, máis zona arbórea ou un servizo de cafetería, etc.

Informe de custo

O noso equipo técnico considera esta proposta VIABLE segundo o seguinte informe: "Ao tratarse dun parque de gran extensión, si sería viable realizar este proxecto. O custo dependerá exclusivamente do número de metros cadrados destinados para ese efecto, o cal ten incidencia na determinación do número de bebedoiros e dos aparellos para a pista de agility e na extensión do valado. - Pista de Agility para cans entre 8.000 e 12.000 euros - Instalación de bebedoiros entre 500 e 3.000 euros - Instalación de paneis Informativos 3.000 euros - Valado da zona mediante malla metálica e acondicionamento do terreo 12.000 euros - Mobiliario urbano (papeleiras bancos etc..) entre 15.000 e 25000 euros Na actualidade o Concello está a desenvolver un Proceso Participativo para pensar coa veciñanza os usos do Parque de Bens. Proceso que ten prevista a súa finalización a finais do mes de setembro. http://www.coruna.gal/servlet/Satellite?c=Page&cid=1453599409457&pagename=Participacion%2FPage%2FGenerico-Page-Generica Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • 34899359

    Maior promoción do parque, porque acode pouca xente, a maioría con cans, polo que é lóxico que se incida neste colectivo. Sustitución de eucaliptos por especies autóctonas e instalación baños públicos (creo que non hai moitos, aínda que non estou seguro). Mellor sinalización de entradas e saídas e limpeza de camiños de acceso dende Visma.

    Sen respostas
  • Beatriz_1

    Podria pedir que se revisara y arreglaran desperfectos de la zona deprotiva . Seria una pena que se empezara a descuidar, que ya lo está...antes de hacer cosas nuevas deberíamos revisar lo que hay. Y si , los perros tienen un sitio estupendo que podemos compartir los que no lo tenemos mascotas. A mi no me molesta que se refresque en la charca.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos