Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

natalia_san_vicente natalia_san_vicente

Comentarios
CARRÍL BICI EN RONDA DE OUTEIRO
Nunha avenida ampla como a Ronda de Outeiro é preciso que as persoas que circulan en bicicleta poidan ter a posibilidade de facelo fóra da calzada, xa que, sobre todo en tramos de subida, ralentizarían o tráfico debido á forte pendente. Non é unha zona, por outra banda con beirarrúas amplas que facilitasen retirarse da calzada, co que as opcións de circular sen entorpecer e na legalidade, quedan reducidas.
Pasos de peóns antideslizantes
É de vital importancia facer algo para evitar que día tras día a xente caia cando cruza e xa teña optado por cruzar fóra para que non pase.
Rehabilitacion da pista deportiva da rúa Alberto Datas Panero
Canto mellor saneadas teñamos as zonas de ocio da cidade, máis doado será afastar a delincuencia. É preciso recuperar este barrio para os veciños.
resituar as paradas das bicis
Faltan moitas. Eu votaba por unha á altura do Calvo Sotelo, non ter que subir até á Elíptica para deixala se vives vas ás primeiras casas das Roseiras.
PARQUE PARA PERROS
Concordo, pero para iso precisas ter coche, e aínda que pareza raro, no todo o mundo ten.
Area Canina
As áreas caninas son importantes para toda a cidade, pero tamén o seu control, xa nos últimos tempos se veñen convertindo en refuxios onde os donos de animais PPP poden soltalos libremente deixando ao resto de usuarios fóra.
Mellorar o uso recreativo do Parque de Bens
É un parque que na actualidade ten unha división na que tanto familias con cans, coma sen elas poden aproveitar o espazo. Precisaría mellorar os accesos, transporte público.... e facer por favorecer a convivencia, dados os escasos espazos que temos na cidade para que os nosos animais poidan correr en liberdade.