A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Hai 1 proposta de investimento clasificada como 'papeleiras' en todos os ámbitos

Toda a cidade

Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monicaeiris

O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Na cidade hai zonas ruráis habitadas, moitas paralizadas hai anos polos plans urbanísticos, nas que os sucesivos gobernos municipáis decidiron non invertir xa que, nalgún momento, as excavadoras se farían cargo de todo. 

Poñer en valor a Coruña máis rural é mellorar a calidade de vida das persoas que as habitamos, que temos os mesmos dereitos que o resto da cidade. 

Solicitamos que, como mínimo, se doten estas zonas de alguns bancos, se eliminen os puntos que carecen de alcantarillado, e se garantan puntos de luz no acceso ás vivendas. Alumeado en condicións, bancos, papeleiras, beirarrúas, alcantarillado,transporte público en condicións...

 

250.000 €