Na Coruña Contas

Volver

Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns

america2 america2  •  14/05/2019  •  Distrito 4  • 

Proximidades do centro cívico de Feáns
Proximidades do centro cívico de Feáns

Código proposta de investimento: 2068

Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.

Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.

Localización: Na parte traseira do Centro Cívico de Feáns

Proposta en nome de: A.VV. O Freixo de Feáns

Informe de custo

A proposta é VIABLE segundo o informe técnico seguinte: "Na actualidade xa existen bancos de pedra con mesa e unha fonte. Para completar o área se engadirán dous novos bancos e outra fonte"


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos