Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Emprazamento_da_proposta.jpg

Conexión accesible entre ronda de Outeiro e rúa Caballeros

20/05/2019  •  aroelab  •  Distrito 8

As conexións existentes entre a ronda de Outeiro e a rúa Caballeros son todas mediante escaleiras, o que ocasiona dificultades de accesibilidade ou longos desprazamentos. Ademáis, é unha zona de importantes conexións peonís pola proximidade das estacións de tren e autobus, a delegación da Xunta de Galicia ou o colexio San Francisco Xabier. A conexión peonil accesible poderíase lograr cun investimento reducido debido á escasa diferenza de cota entre as dúas vías indicadas nas proximidades da rúa Brasil.

25.000 €
Pérgola_parcial_total_CEIP_María_Pita.jpg

Pérgola / cuberta total ou parcial para patio central de acceso CEIP María Pita

20/05/2019  •  beafigueroa  •  Distrito 7

Proponse realizar unha pérgola/cuberta para protexer da intemperie a zona de patio na que se desenvolven tanto as filas para a entrada de alumnos ao centro como a saída ao recreo.

A altura da pérgola proposta coincidiría coa altura de teito de planta baixa, e non restaría luminosidade nin ventilación de espazos nos que se desenvolve a práctica docente, dado que pola distribución do edificio estes espazos atopanse volcados cara as fachadas máis exteriores.

A pérgola parcial ocupa uns 140 m², e a súa versión completa uns 400m² situados na parte interior da U do edificio.

Na actualidade non existe un espazo cuberto anexo ao centro para que en días de choiva o alumnado poida organizar filas para as entradas e saídas protexidos, ou sair ao recreo con mal tempo.

63.356 €
Screenshot_20190521-135039.png

Parque Eiris .Asfaltar o camiño desde Renaut Caeiro ata calle Oleoducto

21/05/2019  •  1dilloti  •  Distrito 6

Asfaltado do camiño de terra baixando Parque de Eiris para darlle continuidade á calle Javier Lopez Lopez (calle oleoducto ) ata o concesionario Renault que da á glorieta e poder acceder andando, silla de rodas, en bici,patinete,correndo...tanto ó hospital como á praia de oza e ampliar o percorrido da linea 12 e 12a do urbano en 500 metros para que chegue á parada do 2a hospital de oza 

60.000 €
Solución cruces

Mellorar os cruces por onde vai o carril bici

21/05/2019  •  slamelov  •  Toda a cidade

Nos cruces por onde vai o carril bici, como o da Casa do Mar, a circulación das bicis é complexa e insegura, e pódese mellorar con propostas coma esta: https://vimeo.com/86721046 , que xa se aplican en varias cidades. Hai varios cruces semellantes na cidade que poderían usar este sistema, como o citado da casa do Mar ou o de Ramón y Cajal con Avda. de Oza, entroutros.

87.000 €
Proximidades do centro cívico de Feáns

Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns

14/05/2019  •  america2  •  Distrito 4

Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.

Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.

20.000 €
Vallehermoso.jpg

Vexetación na Avenida do Ferrocarril

10/05/2019  •  Anibal_exp  •  Distrito 7

Incorporar vexetación na Avenida do Ferrocarril a altura de Vallehermoso, onde hai moito espazo na beirarrúa ademáis de en rúas próximas cómo Dr.Joaquín Cotarelo e Avenida de Cadiz (moi duras a pesar de estar no arredor dun parque).

5.000 €
Zonas con necesidade de puntos de luz

Instalación de puntos de luz no lugar de Cances

16/05/2019  •  beatrizgomez  •  Distrito 3

No lugar de Cances existen zonas moi oscuras ou en penumbra que contribúen á inseguridade cidadá pola tendencia a presenza de comportamentos incívicos e delictivos. Para evitar este comportamentos e incrementar a seguridade cidadá pódense instalar puntos de luz con boa intensidade lumínica e empregando luces respetuosas ambientalmente. Concretamente, sería precisa iluminación entre a fonte e o número 45 do lugar de Cances (zona moi cuberta por eucaliptos e moi oscura), colocar un punto de luz pegado ao muro do número 28 e antes do número 11.

16.500 €

Reposición do asfaltado na estrada Ventorrillo a Penamoa do número 4 ao 50

10/05/2019  •  beatrizgomez  •  Distrito 2

Asfaltar este tramo para evitar baches existentes e maior seguridade

50.000 €

Energía renovable

27/04/2019  •  vales  •  Toda a cidade

Colocación de placas solares en los.edificios municipales, obteniendo una energía limpia y abaratando la factura de la luz de dicho edificios

250.000 €
Estación Bicicoruña

Estación Bicicoruña no Parque de Santa Margarida

20/05/2019  •  Juancasal  •  Distrito 9

A proposta consiste en instalar un novo posto de Bicicoruña no parque de Santa Margarida para mellorar este servizo e que máis xente tome a iniciativa de usalo.

65.340 €