Na Coruña Contas

Volver

Instalación dun ascensor na Rúa Historiador Vedía

Martín Río Martín Río  •  16/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Escaleiras actuais
Escaleiras actuais

Código proposta de investimento: 2093

En consonancia coa política de mellorar a accesibilidade, proponse a instalación dun ascensor na rúa Historiador Vedía.  Esta é moi transitada, nunha zona con moitas costas, e na que a alternativa supón desviarse moito se non se queren usar as escaleiras. Actualmente, impiden o paso a persoas con mobilidade reducida, familias con carros de nenos ou xente que leva bultos. Ademáis nun dos sotos atópase a A.C.Xacarandaina, que leva traballando a prol da cultura tradicional desde o 1978 e conta con máis de 1000 socios e máis de 600 persoas que acuden semanalmente a actividades, e esta situación impide o acceso a moitas persoas que deixan de asistir á Asociación.  A mellor opción sería a instalación dun ascensor que facilitara o tránsito, entendendo que este non se podería garantir cunhas escaleiras mecánicas, e sería necesario que tivera paradas nos diferentes sotos ao longo da escaleira.

Proposta en nome de: A.C. Xacarandaina

Informe de custo

A proposta foi declarada VIABLE segundo o informe técnico seguinte: Valórase a instalación dun ascensor vertical, demolendo a escaleira actual para executar unha nova configuración de escaleira ligada ao ascensor para dar acceso aos locais situados nos niveis intermedios. Esta intervención obrigará a urbanizar todo o tramo peonil da rúa situado no nivel inferior. Grazas por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • carloscm

    es útil y necesario apostar por la movilidad de los mayores que tenemos que acceder desde la plaza de Recife a C/ciudad de Lugo donde residimos. Llevamos años de esta propuesta electoral, que cuando pasan las elecciones ,se olvidan. Queremos tener una ciudad accesible como otras de España. Gracias

    Sen respostas
  • wondra

    El Ascensor solicitado para sustituir las escaleras en la Calle Historiador Vedia, es una obra muy importante para el distrito 8 y para todos los habitantes de la Coruña con problemas de movilidad, tanto por enfermedad, niños pequeños, accidentados, mayores, etc..., espero que los vecinos del distrito 8, Voten este maravilloso Proyecto, muchas gracias ¡¡¡SUERTE!!!

    Sen respostas
Non hai fitos definidos