Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Estado actual da torre do maratón

REHABILITACIÓN E PINTADO DA TORRE DO MARATON

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Distrito 9

A Torre do Maratón, edificación emblemática da cidade e última peza existente do estadio de Riazor orixinal, atópase nun deficiente estado de conservación. Proponse o selado de grietas e posterior pintado da mesma, así como o cambio das carpinterías superiores (recuperando os ocos das fiestras orixinais) e a posibilidade (se o orzamento o permite) de instalación de iluminación ornamental.

imaxe

retirar o panel informativo da Rolda de Nelle

09/05/2018  •  manu15  •  Distrito 9

leva moito tempo sen funcionar e non é necesario

Rúas libres de excrementos de mascotas

18/04/2018  •  xap_39  •  Distrito 9

Cada día máis xente ten cans nas súas casas, e pese a que moitos teñen o civismo suficiente para recoller os regaliños que van deixando, son moitos os que se negan a facelo, deixando incluso que os cans fagan as súas necesidades nas portas das nosas casas. A miña proposta é a de realizar un investimento inicial para reforzar os efectivos da policía local para que multen a xente que non respeta o espazo público. Cos cartos recollidos coas multas poderíase recuperar en parte o salario deses efectivos ou destinalos a refuxios municipais. 

Instalación de un semáforo en la Avda. de Finisterre a la altura del Mercadona

09/05/2018  •  silviarg  •  Distrito 9

Hay muchísima gente que hace sus compras en ese supermercado y al salir cargados de bolsas los semáforos más próximos para ir hacia el Ventorrillo están bastante lejos y se pierde mucho tiempo. De hecho para acortar el recorrido muchas personas cruzan en ese punto arriesgando su seguridad y la de los coches que circulan por la avenida.

ESTADO ACTUAL PRAZA SALVADOR DE MADARIAGA

CREACIÓN DUNHA ZONA INFANTO-XUVENIL NA PRAZA DE SALVADOR DE MADARIAGA

14/05/2018  •  analouzan  •  Distrito 9

Debido á elevada densidade de poboación no barrio da Agra do Orzán, e visto a masificación existente nos poucos espazos dirixidos á poboación infanto-xuvenil, consideramos que a Praza de Salvador de Madariaga posee as condicións necesarias para a creación dunha zona de lecer (parque infantil) para este tramo de idade, posibilitando así a redución da masificación nos espazos públicos do distritio. Esta petición apoiáse nas opinións dos propios nenos, nenas e adolescentes do barrio da Agra do Orzán.

Ronda

Cambio gratuíto de neumáticos...

09/05/2018  •  Xerión  •  Distrito 9

...o eliminación de los pernos de sujeción de las planchas metálicas de la ronda de Outeiro, lo que se adapte mejor a estos presupuestos.

Se debería sustituir el sistema de sujeción por otro que no sobresalga del nivel de la calzada para evitar daños en los vehículos.

Poda de Árboles

14/05/2018  •  ralsomoza  •  Distrito 9

Poda de árboles ubicados en la calle palomar y Paseo de los puentes.

Mellorar a seguridade de parada de autobús do 69 da Avenida de Fisterra.

07/05/2018  •  @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  Distrito 9

A parada de autobús situada no nº 69 da Avenida de Fisterra está xusto despois dun semáforo, de maneira que cando os autobuses, baixando a toda velocidade pola avenida, entran na súa parada, pasan por diante das persóas que están esperar para cruzar a rúa a escasos centímetros dos seus corpos, de maneira que calqueira despiste dun peatón, adulto ou neno, podería ter unha consecuencia luctuosa.

Propoño desprazar a parada do bus uns poucos metros máis abaixo, trasladando unha praza de aparcamento de diante a atrás da parada, ou ben instalar un andén que separe o espazo de parada do autobís da beirarúa.

Rotonda en intersección Manuel Murguía e Paseo de Ronda

23/04/2018  •  buphon  •  Distrito 9

Dado o aumento ostensible do tráfico na zona dende a apertura da Ronda do RC Deportivo, e sobre todo dende a eliminación dos xiros a esquerda que había antes e que agora obliga a dar voltas interminables que rematan na rotonda do Pavo, conxestionando máis o asunto, considero que una rotonda na intersección entre Manuel Murguía e Paseo de Ronda axilizaría moito o tráfico sobre todo en horas punta.

Posible ubicación das árbores, sen facer sombra ás vivendas

PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA ALCALDE JAIME HERVADA

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Seguinte fase de plantación de arborado nesta rúa, trala primeira aprobada nos orzamentos participativos do 2017, aproveitando a amplitude das beirarrúas existentes, e estudando a ubicación mais adecuada para garantir o soleamento das vivendas dos veciños.