Na Coruña Contas

Volver

Mellorar a seguridade de parada de autobús do 69 da Avenida de Fisterra.

@Argos_DeCore@mastodon.gal @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  07/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1113

A parada de autobús situada no nº 69 da Avenida de Fisterra está xusto despois dun semáforo, de maneira que cando os autobuses, baixando a toda velocidade pola avenida, entran na súa parada, pasan por diante das persóas que están esperar para cruzar a rúa a escasos centímetros dos seus corpos, de maneira que calqueira despiste dun peatón, adulto ou neno, podería ter unha consecuencia luctuosa.

Propoño desprazar a parada do bus uns poucos metros máis abaixo, trasladando unha praza de aparcamento de diante a atrás da parada, ou ben instalar un andén que separe o espazo de parada do autobís da beirarúa.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos