Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 5

Propostas de investimento non viables: Distrito 5

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
1017px-Gato_callejero_en_Madrid_06.jpg

Campaña castracion e observatorio de fauna "silvestre"!

10/05/2018  •  carmenni  •  Distrito 5

Na zona de San Vicente Elviña existen varias zonas con colonias de gatos abandonados. Os veciños fan o que poden por humanidade e sensibilidade pero e necesario campañas de castracion polo seu ben e polo dos veciños que estan sobrepasados. Asimesmo poderianse utilizar estas colonias debidamente mantidas (con casetas de refuxio e alimentacion) como observatorios de fauna animal da nosa cidade para diversos colectivos (nenos,maiores,persoas con diversidade funcional...). Desta maneira estariamos creando unha conciencia sobre a tenencia de animais de compañia e as consecuencias do seu abandono.

Reparacion de la acera del campus de elviña a la altura de la FIC

04/05/2018  •  Usuario/a borrado/a  •  Distrito 5

Reparar la acera en el campus de elviña.

concretamente la acera que recorre desde la facultad de informatia hasta la facultad de caminos.

en las baldosas hay muchos baches y algunas sueltas, las cuales en dias de lluvia, si las pisas, salpican y te mojan los pantalones.

 

Escaleiras de acceso á praza Emilio Jaspe Deza, en Elviña

Mellora de accesibilidade á Praza Emilio Jaspe Deza

14/05/2018  •  Rexumeir@s  •  Distrito 5

A diferenza de cota entre a rúa e o espazo público que forman as prazas de Emilio Jaspe e a que está situada na rúa Rebandas provocan que haxa puntos con problemas de accesibilidade.

A nosa proposta é mellorar a accesibilidade coa colocación dunha varanda nas escaleiras que baixan da  rúa Rebandas á praza, acondicionar a rampla que une Antonio Insua Rivas coa praza Emilio Jaspe Deza e eliminar os chanzos de madeira en medio da praza que dificultan o acceso.

Instalación de carril bici desde a Zapateira ao campus

13/05/2018  •  henrique  •  Distrito 5

A avenida de Nova Iorque ten zonas limitadas a 80. A instalación dun carril bici aumentaría a seguridade dos desprazamentos en bicicleta ao campus.

Instalación de bandas sonoras no campus universitario e na rúa Canedo

01/05/2018  •  antoniogj  •  Distrito 5

Polas características da estrada intercampus, que conecta os dous campus da Coruña (e onde houbo xa accidentes), sería interesante a instalación de bandas sonoras para prevenir velocidades excesivas. O límite de velocidade é de 30 km/h. Sen embargo, nin os coches nin os autobuses urbanos o respetan, xerando situacións de perigo para outros coches e mesmo para os viandantes. A misma situación dase na rúa O Canedo, na que, sendo de sentido único e cunha gran baixada, os coches adoitan baixala a unha velocidade as veces fóra do normal.

Creación dun espazo de encontro veciñal en Castro

14/05/2018  •  Rexumeir@s  •  Distrito 5

Propoñemos acondicionar as instalacións da antiga fábrica da Catisa (hoxe de titularidade municipal) como un espazo vivo onde se localicen iniciativas colectivas.

As instalacións sitúanse no Camiño do Lagar e contan cun edificio e unha praza. A proposta consiste en acondicionar o edificio para acoller diferentes colectivos e habilitar un espazo onde se poidan facer xuntanzas, exposicións, obradoiros, en definitiva, o que se propón é a creación dun lugar de encontro.

A praza xa conta con bancos e mesas, o que é perfecto para funcionar como espazo de descanso e ocio.

A proposta implica un investimento pequeno que supón unha moi boa oportunidade para dinamizar un espazo de encontro comunitario.

Bolardos na acera na avenida Nova York nas inmediacions do colexio Xesuitinas

04/05/2018  •  herculineo  •  Distrito 5

Os pais dos nenos que van a recoller os seus fillos a este colexio provocan atascos kilometricos. Aparcan os seus coches encima da acera de manera ilegal, entorpecendo a circulacion de coches e peatons. As aceras son para camiñar e as carreteras para circular, non para aparcar.

Instalación de bandas sonoras no campus universitario e na rúa Canedo

09/05/2018  •  antoniogj  •  Distrito 5

Propoño a instalación de bandas sonoras para disuadir e moderar a velocidade á que baixan coches e autobuses pola vía Intercampus que conecta o Campus de Elviña e o Campus da Zapateira, na que o límite está establecido a 30 kilómetros por hora pero que ninguén cumpre, xerando situacións de peligro e accidentes que xa tiveron lugar. O mesmo ocorre na rúa O Canedo, perpendicular á vía Intercampus e na que dase o mesmo problema pola pronunciada costa abaixo que hai. Actualmente hai unha banda sonora abaixo, pero eso non impide que os coches acaden unha velocidade desmesurada ás veces.