Na Coruña Contas

Volver

Mellora de accesibilidade á Praza Emilio Jaspe Deza

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  14/05/2018  •  Distrito 5  • 

Escaleiras de acceso á praza Emilio Jaspe Deza, en Elviña
Escaleiras de acceso á praza Emilio Jaspe Deza, en Elviña

Código proposta de investimento: 1586

A diferenza de cota entre a rúa e o espazo público que forman as prazas de Emilio Jaspe e a que está situada na rúa Rebandas provocan que haxa puntos con problemas de accesibilidade.

A nosa proposta é mellorar a accesibilidade coa colocación dunha varanda nas escaleiras que baixan da  rúa Rebandas á praza, acondicionar a rampla que une Antonio Insua Rivas coa praza Emilio Jaspe Deza e eliminar os chanzos de madeira en medio da praza que dificultan o acceso.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que esta proposta é inviable posto que se refire a espazos que non son de titularidade municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos