Na Coruña Contas

Volver

Creación dun espazo de encontro veciñal en Castro

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  14/05/2018  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 1607

Propoñemos acondicionar as instalacións da antiga fábrica da Catisa (hoxe de titularidade municipal) como un espazo vivo onde se localicen iniciativas colectivas.

As instalacións sitúanse no Camiño do Lagar e contan cun edificio e unha praza. A proposta consiste en acondicionar o edificio para acoller diferentes colectivos e habilitar un espazo onde se poidan facer xuntanzas, exposicións, obradoiros, en definitiva, o que se propón é a creación dun lugar de encontro.

A praza xa conta con bancos e mesas, o que é perfecto para funcionar como espazo de descanso e ocio.

A proposta implica un investimento pequeno que supón unha moi boa oportunidade para dinamizar un espazo de encontro comunitario.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "A parcela sinalada polo Servizo de Participación como emprazamento da fábrica de Catisa atópase dentro do ámbito de planeamento incorporado ao PXOM como API O37 (Campus universitario de Elviña), cunha calificación de equipamento de uso docente, e polo tanto incompatible cun investimento previo para outro uso diferente do indicado." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos