Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Pasos de peatones elevados

26/04/2018  •  esteban  •  Toda a cidade

Ya que no se respeta en absoluto a los peatones así al menos hacer frenar los vehículos de alguna forma.

Cámaras nos buses

18/04/2018  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

Ante a reforma nas liñas dos buses urbanos, e a posible creación do carril bus, estaría ben dotar aos buses de cámara frontal que se activase dun xeito sinxelo coa sala de pantallas para poder multar a todos os vehículos que ocupen o espacio reservado para os buses, tanto paradas coma o futuro carril bus (no caso de implantarse), así como os coches que estén mal aparcados que impidan o paso dos buses.

Seguridade vial

10/05/2018  •  tovarichoscar  •  Toda a cidade

Contratacion de mozas e mozos para a implantación en semaforos de acompañantes de persoas maiores dunha acera a outra. De xeito de brindarlles axuda e seguridade extra cando teñan que cruzar soas.

Creación dunha Escola Municipal de Teatro

23/04/2018  •  oskar  •  Toda a cidade

Aproveitando os espazos que contén o C.C.Ágora e/ou Forum Metropolitano poderiase crear unha escola de teatro municipal para adultos, nenos e adolescentes. Sería unha opción alternativa ás escolas de teatro privadas que hai na cidade e sobre todo, ás escolas municipais que hai nos Concellos limitrofes.

Sería beneficioso para ás asociacións de teatro da cidade porque terían un espazo onde formarse, ensaiar e compartir experiencias e equipos docentes e incluso preparar proxectos en común.

 

 

Crear unha nova liña de bus nocturno

10/05/2018  •  paulinha  •  Toda a cidade

A actual liña de bus percorre toda a cidade, facendo que o traxecto sexa breve nun sentido pero moi longo no outro. Creando unha liña que faga o percorrido da actual pero en sentido contrario solucionaríase este problema, e seguramente máis xente se animaría a usar o transporte público nas noites de fin de semana.

Mural en medianera en Quebec. Fuente: https://stoplookshoot.com/

Murales en medianeras de edificios

25/04/2018  •  ctp  •  Toda a cidade

A lo largo de la ciudad existen numerosos edificios con medianeras a la vista, con un impacto estético bastante grande (y negativo).

Se propone decorar algunas de estas medianeras con murales, ya sea reproduciendo obras de arte con cierto significado para la ciudad (por ejemplo, de pintores locales), escenas históricas, o permitiendo que artistas actuales hagan sus  propuestas a modo de concurso de ideas.

Además de la mejora estética del entorno, esta iniciativa podría llegar a aportar un atractivo turístico para la ciudad (por ejemplo, en la ciudad de Quebec, algunos de los puntos más visitados son murales de este tipo).

En algunas localidades cercanas, como Carballo, Ordes o Cambre ya hay obras de este tipo, e incluso en la propia ciudad se ha mejorado la estética del inferior del viaducto de Alfonso Molina con alguna obra que ya es icónica y que podría servir de ejemplo de la propuesta.

Campos da Torre

Páxina para reservar os campos da Torre

13/05/2018  •  perseo_fic  •  Toda a cidade

Actualmente, para facer a reserva dalgún dos campos da Torre, o procedemente é totalmente obsoleto: consiste en ir ó último luns do mes anterior, a partir das 8 da mañá (a partir das 7 da mañá xa hai xente a esperar, co que a partir das 8 xa quedan poucas opcións de reserva), ó campo da Torre ou ó estadio de Riazor; alí, éntrase por orde á oficina, e danche as opcións que quedan, co que se non está xa dispoñible a opción pensada, toca pensar noutra no momento, e o proceso faise aínda máis tedioso.

Este proceso debe repetirse CADA MES.

O lóxico en pleno 2018 sería ter una páxina web a través da cal se puidera non só ver qué opcións hai dispoñibles, senón reservalas e incluso pagalas a través dunha pasarela de pago vía tarxeta ou PayPal.

Calquera páxina da última década inclúe estas opcións.

Autopromoción

06/05/2018  •  tovarichoscar  •  Toda a cidade

Campaña de autopromoción da cidade de A Coruña baixo o eslogan :  " Una ciudad que se sale" , " Saese " . Co obxetivo de reflexar o caracter extraordinario da cidade e os seus cidadans.

Papeleiras luminosas

24/04/2018  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

Existen unha papeleiras solares que polo día se cargan e pola noite teñen un dispositivo que ao pasar un peón se iluminan, se usan en pasos de peóns para advertir aos conductores da sua presencia, ademáis tamén se poden carregar os teléfonos móbiles, estas papeleiras serían un bo sustituto das actuais farolas que se accenden ao paso dos peóns, pero que soen estar alonxadas do paso de peóns e non teñen ninguna utilidade.

Morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros)

Instalación de caixas nido pra morcegos

09/05/2018  •  smlebo  •  Toda a cidade

Os morcegos son mamíferos que, aínda que non gocen de grande simpatía, son moi importantes para o ambiente e controlan a poboación de insectos, mais que se atopan nalgúns casos en perigo e perderon presencia na nosa cidade e no país en xeral.

Por iso propoño a instalación - de non chegar o orzamento, o estudo - de caixas refuxio para morcegos en espacios municipáis, comezando pola Casa Consistorial. Poden deseñarse caixas específicas para estes mamíferos, coma as desenvolvidas en Florencia pola Universidade e o Museo de Historia Natural (http://www.batboxnews.it/guida-ai-pipistrelli-e-alle-bat-box), en colaboración coa Asociación Drosera (http://www.morcegosdegalicia.org/red_cajas_refugio.php?idioma=gl).

Podería tamén desenvolverse un programa para que os particulares as instalasen nas súas propiedades, coa súa venda en estabelecementos locais coma ferreterías ou supermercados.