Na Coruña Contas

Volver

Páxina para reservar os campos da Torre

perseo_fic perseo_fic  •  13/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Campos da Torre
Campos da Torre

Código proposta de investimento: 1423

Actualmente, para facer a reserva dalgún dos campos da Torre, o procedemente é totalmente obsoleto: consiste en ir ó último luns do mes anterior, a partir das 8 da mañá (a partir das 7 da mañá xa hai xente a esperar, co que a partir das 8 xa quedan poucas opcións de reserva), ó campo da Torre ou ó estadio de Riazor; alí, éntrase por orde á oficina, e danche as opcións que quedan, co que se non está xa dispoñible a opción pensada, toca pensar noutra no momento, e o proceso faise aínda máis tedioso.

Este proceso debe repetirse CADA MES.

O lóxico en pleno 2018 sería ter una páxina web a través da cal se puidera non só ver qué opcións hai dispoñibles, senón reservalas e incluso pagalas a través dunha pasarela de pago vía tarxeta ou PayPal.

Calquera páxina da última década inclúe estas opcións.

Localización: Calle Doctor Vázquez Iglesias 2. 15002 A Coruña

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos