A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Cámaras nos buses

anxo_gz anxo_gz  •  18/04/2018  •  Toda a cidade  •    8 comentarios

Código proposta de gasto: 692

Ante a reforma nas liñas dos buses urbanos, e a posible creación do carril bus, estaría ben dotar aos buses de cámara frontal que se activase dun xeito sinxelo coa sala de pantallas para poder multar a todos os vehículos que ocupen o espacio reservado para os buses, tanto paradas coma o futuro carril bus (no caso de implantarse), así como os coches que estén mal aparcados que impidan o paso dos buses.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero é inviable pois a instalación de cámaras en vehículos en movemento contravén a lexislación sobre protección de datos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • PJPMosteiro
    PJPMosteiro  • 18/04/2018 19:33:32

    La idea es perfecta, pero a ver cuanto duraría... Que si se rompen las cámaras, que si LOPD, que si los coches estaban un segundito. Recomendable, pero la veo poco viable.

      • anxo_gz
        anxo_gz  •  Autor  • 19/04/2018 10:51:20

        As cámaras dentro dos autobuses, non terían porque rachar, a lei de protección de datos non se estaría vulnerando sempre e cando sóamente se active a cámara para sacar a fotografía do infractor, como calquera outra cámara de tráfico, ademáis por eso digo que se conecten soamente coa sala de pantallas, onde habería un axente que podería multar. E se o autobús está parado como ata o de agora en lugares como no Hospital de Oza, non hai segundito que serva como excusa xa que está prohíbido estacionar no lugar indicado para o bus, ou nas paradas xa que non son lugares de aparcamento momentaneo, aínda que o pareza está prohíbido estacionar. Polo tanto non vexo onde estaría a sua pouca viabilidade, salvo que non se quera facer nada como ocurre ata o de agora, onde os buses quedan parados durante longo tempo por os segundiños eses que dis, ou inhabilitar as paradas para persoas con mobilidade reducida ou que necesitan aseonllamento do bus para baixar, ou mesmo os carros de bebés ou da compra.