Na Coruña Contas

  • anxo_gz
    anxo_gz  •  Autor  •  19/04/2018 10:51:20

    As cámaras dentro dos autobuses, non terían porque rachar, a lei de protección de datos non se estaría vulnerando sempre e cando sóamente se active a cámara para sacar a fotografía do infractor, como calquera outra cámara de tráfico, ademáis por eso digo que se conecten soamente coa sala de pantallas, onde habería un axente que podería multar. E se o autobús está parado como ata o de agora en lugares como no Hospital de Oza, non hai segundito que serva como excusa xa que está prohíbido estacionar no lugar indicado para o bus, ou nas paradas xa que non son lugares de aparcamento momentaneo, aínda que o pareza está prohíbido estacionar. Polo tanto non vexo onde estaría a sua pouca viabilidade, salvo que non se quera facer nada como ocurre ata o de agora, onde os buses quedan parados durante longo tempo por os segundiños eses que dis, ou inhabilitar as paradas para persoas con mobilidade reducida ou que necesitan aseonllamento do bus para baixar, ou mesmo os carros de bebés ou da compra.