Pista de patinaxe
13/05/2017 • • Distrito 4
A creación dun lugar para practicar a patinaxe facilitaría o fomento dos hábitos saludables na /xuventude de Novo Mesooro e disminuiría OS desprazamentos das familias a outros lugares da cidade para practicar deporte. Eso implicaría unha menor contaminación na cidade e crecemento do barrio.
HORTAS URBANAS NO PARQUE DE OZA
26/04/2017 • • Distrito 6
Acondicionamento do terreno e as parcelas para utilizar como hortas urbanas no Parque de Oza
Máis árbores na contorna da Praia das Lapas
26/04/2017 • • Distrito 10
A contorna da Praia das Lapas é unha zona de gran valor ecolóxico que necesita protección e melloras. Unha mellora é a de plantar máis árbores e recuperar as que morreron por diversas causas (con especies axeitadas ao lugar). A zona de plantación sería que que vai da Praia ata a rampla que sube á Torre de Hércules, incluíndo a zona que vai desde a rotonda de Breogán ata a "Guitarra", con especial coidado na zona do merendeiro das Lapas.
A maiores da plantación de árbores é necesaria unha limpeza e mellora da canalización do regato.
Acondicionamiento do Parque infantil de Pedralonga
01/05/2017 • • Distrito 6
Todos sabemos da importancia de poder contar cun parque infantil preto das nosos casas onde os nosos nenos poidan disfrutar e divertirse. Nos contamos con un ,pero co paso dos anos o parque volveuse inseguro para eles. Os columpios están vellos e en mal estado, convertendo o noso parque nun sitio en abandono e deterioro.
Necesitamos que sexa rehabilitado para convertilo de novo nun lugar seguro .O mais importante é a seguridades dos pequenos. Ademais ,está siempre sucio e como veciños ,perdimos a confianza nel.
É necesaria a presencia de técnicos que volvan a convertilo no parque infantil que era.
XARDINS VERTICAIS BAIXO OS VIADUCTOS DE ALFONSO MOLINA NA ENTRADA DA CIDADE
20/05/2017 • • Distrito 8
Estase constatando a proliferación de valos publicitarios nas rúas da cidade, proponse reducir a súa presenza nesta zona e sustituilos por xardíns verticais nas zonas nas que isto sexa posible, no cruzamento con Linares Rivas e Primo de Rivera, Juan Flórez, etc.
Conseguirase unha doble función mellorar as condicións medioambientais desa zona e reducir o impacto visual dos valos no tráfico.
Espacio multifuncional no Mercado de San Agustín
17/05/2017 • • Distrito 10
A Asociación de Vendedores do Mercado de San Agustín, propón a creación dun espazo multifuncional dentro do mercado. Este espazo multifuncional para os veciños e veciñas da cidade inclúe o equipamento dunha cociña, mesas e cadeiras. Tentando conseguir deste xeito que o mercado se converta nun espazo social.
Este é un espazo onde se favorezan as relacións interpersoais entre os veciños e veciñas, así como o ensino e o aprendizaxe, para poder desfrutar dun día de mercado ou mesmo descansar ou ler o xornal mentres se fai vida dentro do mesmo. Situar a cociña nun punto específico do Mercado, suporía fixar así mesmo, onde se fan os talleres, charlas ou demostracións dos produtos que alí se venden ou que queiran ser presentados a cidadanía, poñendo en Valor O Noso.
DOTAR A MATOGRANDE DE MAS ESPACIOS VERDES
29/04/2017 • • Distrito 7
Existe una plaza entre bloques( próximos a avda. Alfonso Molina) que carece de vegetación. El resto de plazas tiene árboles y arbustos frondosos en cambio esta se quedo a campo. Cuál es el motivo de este abandono??
Mi petición es que repongan árboles y plantas en esta plaza. También pintar bancos .
Por otra parte creo que se puede mejorar la mediana de la calle Enrique Mariñas, convertirla en una auténtica mediana verde.
Este barrio tiene exceso de hormigón.
Mellora do pavimento nas escaleiras do Barrio das Flores
18/05/2017 • • Toda a cidade
O Barrio das Flores precisa dunha reforma integral, pero cando menos urxe a renovación total das escaleiras que hai no parque interior xa que están moi deterioradas e son perigosas á hora de camiñar. A maiores sería necesario un maior aproveitamento de ese espazo aberto e de confluencia no barrio.
Plantación de 15 arboles aceira Av Exército entre Casa do Mar e Tabacos (N.Xuz)
21/05/2017 • • Distrito 8
Co ouxetivo de rematar a ringleira de arbres que percorre toda esta fachada de entrada a Cidade.
PRANTACIÓN DE ARBORADO NO ENTORNO DA PRAIA DE BENS
10/05/2017 • • Distrito 1
Prantación de arborado no entorno da praia de Bens co fin de minimizar o impacto ambiental sobre a mesma da refinería e a planta de Xestión de Residuos de Nostián.