A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Acondicionamiento do Parque infantil de Pedralonga

a.vv.pedralonga a.vv.pedralonga  •  01/05/2017  •  Distrito 6  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 139

Todos sabemos da importancia de poder contar cun parque infantil preto  das nosos casas onde os nosos nenos  poidan disfrutar e divertirse. Nos contamos con un ,pero co paso dos anos o parque  volveuse  inseguro para eles. Os columpios están vellos e en mal estado, convertendo o noso parque nun sitio en abandono e deterioro. 

Necesitamos que sexa rehabilitado para convertilo de novo  nun lugar seguro .O mais importante é a seguridades dos pequenos. Ademais ,está siempre sucio e como veciños ,perdimos a confianza nel.

É necesaria a presencia de técnicos que volvan a convertilo no parque infantil que era.

Organización: AAVV Pedralonga

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Segundo a análise realizada na área infantil que existe no Ámbito de Pedralonga, anexo ao colexio de educación primaria "Pedralonga", ten unha superficie total de 150 m2. Dado o estado e idade dos xogos instalados, proponse realizar unha actualización de toda a área, substituíndo o firme por un chan de caucho. Así mesmo proponse cambiar os xogos infantís deteriorados e instalar dous novos xogos. Tamén se propón instalar unha fonte de beber para nenos e nenas na zona do parque infantil. A valoración para a actualización dun parque infantil dunha área de 150m2, incluída a instalación dunha fonte e as adecuacións do terreo para unha superficie de 150m2 é de 62.500,00€ IVE incluído." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.