Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Senda peatonal entre a Falperra e Ronda de Nelle

04/05/2017  •  merimbao  •  Distrito 8

É unha vella reclamación do barrio: crear a baixada desde este solar que está abandonado e que na actualidade é máis ben un autentico vertedeo.

36.500 €

HORTAS URBANAS NO PARQUE DE OZA

26/04/2017  •  m.oreiro  •  Distrito 6

Acondicionamento do terreno e as parcelas para utilizar como hortas urbanas no Parque de Oza

24.000 €

Mellora do pavimento nas escaleiras do Barrio das Flores

18/05/2017  •  bfrr  •  Toda a cidade

O Barrio das Flores precisa dunha reforma integral, pero cando menos urxe a renovación total das escaleiras que hai no parque interior xa que están moi deterioradas e son perigosas á hora de camiñar. A maiores sería necesario un maior aproveitamento de ese espazo aberto e de confluencia no barrio. 

400.000 €

Instalación de máquinas biosaludables para adultos no parque

08/05/2017  •  paz.garcia  •  Distrito 4

Hola. Gustaríame que se instalasen máquinas biosaludables para adultos no parque do centro cívico de Mesoiro. Así cando levo o meu fillo ó parque, podería facer exercicio mentras o vixío, en vez de ter que estar sentada nun banco.   

30.000 €

PRANTACIÓN DE ARBORADO NO ENTORNO DA PRAIA DE BENS

10/05/2017  •  lrf  •  Distrito 1

Prantación de arborado no entorno da praia de Bens co fin de minimizar o impacto ambiental sobre a mesma da refinería e a planta de Xestión de Residuos de Nostián.

9.000 €

Colocación de mais árbores no parque Adolfo Suárez (Visma)

20/05/2017  •  albertovizoso  •  Distrito 9

En todo este parque se plantaron poucos árbores (na miña opinión) e se necesitan para dar sombra e para que sexa,no futuro,o pulmón desta zona, actualmente con tanta densidade de tráfico. E si fora posible que sexan de folla caduca.

35.000 €