A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Colocación de mais árbores no parque Adolfo Suárez (Visma)

albertovizoso albertovizoso  •  20/05/2017  •  Distrito 9  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 596

En todo este parque se plantaron poucos árbores (na miña opinión) e se necesitan para dar sombra e para que sexa,no futuro,o pulmón desta zona, actualmente con tanta densidade de tráfico. E si fora posible que sexan de folla caduca.

Localización: Zona San Pedro de Visma

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Os prezos unitarios para a plantación de arborado, de acordo cos estándares de calidade adecuados para a súa viabilidade, serían desde 500 a 700 euros unidade (depende da calidade do chan, existencia ou non de rego e especie e tamaño elixidos). De acordo coas características do parque e a súa capacidade, poderianse plantar uns 50 árbores". Agradecemos a túa participación nos orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.