Na Coruña Contas

Volver

Senda peatonal entre a Falperra e Ronda de Nelle

merimbao merimbao  •  04/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 192

É unha vella reclamación do barrio: crear a baixada desde este solar que está abandonado e que na actualidade é máis ben un autentico vertedeo.

Localización: Entre os números 43-45 da rúa Falperra

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Proponse a actualización, mediante unha ampliación da senda peonil existente no xardín situado entre a Rolda de Nelle e a Rúa Falperra. Dado que a zona entre edificios é de titularidade municipal, salvo o acceso ás parcelas con matrícula catastral 8110029NJ4081S0001JS e 8110013NJ4081S0001GS actualmente sen edificar, valorou a adecuación de vía peonil existente a unha vía de 2 metros de ancho e pavimento de formigón fratasado por medios manuais. Para iso é necesario a creación dun caixeado e muretes de contención de baixa altura en mampostería ordinaria de pedra, coa finalidade de conter o novo ancho da vía. Dado que existe a posibilidade de caídas ou esvaramentos pola nova situación do camiño coa ladeira vexetalizada existente, proponse a instalación dunha varanda de 90cm de alto instalada sobre o muro de mampostería executado mediante empotramento. En total valorouse un caixeo sobre o terreo existente de 40 cm de profundidade para a creación dunha base de zahorra de 20cm de espesor e un pavimento de HM-20 de 20 cm de espesor con acabado superficial con medios manuais. A finalidade do novo viario é a de crear un acceso ás parcelas privadas arriba descritas, como así mesmo permitir o acceso de usuarios ás zonas axardinadas como mellorar os traballos de mantemento dos noiros existentes. A creación dun viario de 75 metros lineais e 2 metros de ancho sobre o camiño existente, incluíndo os muretes de contención sobre os noiros ou ladeiras resultantes do caixeo, cun pavimento de HM-20 e instalación dunha varanda de protección de peóns por posibles esvaramentos polas zonas vexetalizadas é de 36.500,00€ IVE incluído." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos