Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Bancos para o enc o ntro e descanso daveciñanza na Silva e Cances-Penamoa

18/05/2017  •  beatrizgomez  •  Distrito 3

No Lugar da SIlva vive moita xente maior e son moitos os recunchos de encontro que carecen de bancos para sentarse e falar das nosas cousas. Precisamos de bancos situados en lugares amables como o entorno ds fonte de Cances, na Fontenova, na Pichiqueira fronte centro civico.

 

 

 

 

 

 

 

50.000 €

Máis árbores na contorna da Praia das Lapas

26/04/2017  •  slamelov  •  Distrito 10

A contorna da Praia das Lapas é unha zona de gran valor ecolóxico que necesita protección e melloras. Unha mellora é a de plantar máis árbores e recuperar as que morreron por diversas causas (con especies axeitadas ao lugar). A zona de plantación sería que que vai da Praia ata a rampla que sube á Torre de Hércules, incluíndo a zona que vai desde a rotonda de Breogán ata a "Guitarra", con especial coidado na zona do merendeiro das Lapas.

A maiores da plantación de árbores é necesaria unha limpeza e mellora da canalización do regato.

10.500 €

PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA REGO DE AUGA

20/05/2017  •  lrf  •  Distrito 10

Plantación de arborado nesta rúa aproveitando o espazo liberado coa recente eliminación dos contedores de residuos.

7.500 €

Espacio multifuncional no Mercado de San Agustín

17/05/2017  •  abarran  •  Distrito 10

A Asociación de Vendedores do Mercado de San Agustín, propón a creación dun espazo multifuncional dentro do mercado. Este espazo multifuncional para os veciños e veciñas da cidade inclúe o equipamento dunha cociña, mesas e cadeiras. Tentando conseguir deste xeito que o mercado se converta nun espazo social.

 

 

Este é un espazo onde se favorezan as relacións interpersoais entre os veciños e veciñas, así como o ensino e o aprendizaxe, para poder desfrutar dun día de mercado ou mesmo descansar ou ler o xornal mentres se fai vida dentro do mesmo. Situar a cociña nun punto específico do Mercado, suporía fixar así mesmo, onde se fan os talleres, charlas ou demostracións dos produtos que alí se venden ou que queiran ser presentados a cidadanía, poñendo en Valor O Noso.

 

 

102.876 €

Wifi libre no Punto de encontro do Birloque

12/05/2017  •  mariajosecastelo  •  Distrito 3

MOvistar pon a fibra gratuita e o concello o contrato

350 €

Rampa de acceso a viviendas

14/05/2017  •  lnoya  •  Toda a cidade

Han pasado 8 años desde la aprobación por escrito de una rampa de acceso al bloque 6 de la calle margaritas, en donde residen un gran número de ancianos y bebes con  carritos y siempre se nos dice que no hay dinero

Ya se ha aprobado dicha instalación, pero la rampa después de 8 años NO está puesta

 

 

300.000 €