Na Coruña Contas

Volver

Rampa de acceso a viviendas

lnoya lnoya  •  14/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 435

Han pasado 8 años desde la aprobación por escrito de una rampa de acceso al bloque 6 de la calle margaritas, en donde residen un gran número de ancianos y bebes con  carritos y siempre se nos dice que no hay dinero

Ya se ha aprobado dicha instalación, pero la rampa después de 8 años NO está puesta

 

 

Localización: A Coruña

Proposta en nome de: Vecinos del Barrio de las Flores

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é viable aínda que supera o importe de 200.000 euros e convertése nunha proposta de cidade. É viable xa que o concello ten posto en marcha diversos proxectos de mellora da accesibilidade nas rúas e nos espazos públicos da cidade. Xa se executaron obras nos Distritos 1 a 4, e tamén algunas actuacións concretas neste Distrito 7. Deberá estudarse polo Servizo de Infraestruturas a redacción dun proxecto concreto de mellora da accesibilidade das escaleiras de acceso ao corredor interior do inmoble sito no bloque 6 da rúa Margaritas. Segundo visita realizada polos técnicos municipais do Servizo de Rehabilitación, podería buscarse unha solución para desenvolver unha actuación que substitúa as actuais escaleiras nunha rampa que cumpra coas disposicións vixentes en materia de accesibilidade, redactando un proxecto e executando as obras necesarias. Deberá estudarse a titularidade municipal dos terreos afectos á actuación. A este Servizo non lle consta que exista un proxecto xa redactado e que o problema sexa de dispoñibilidade orzamentaria. A concellería de Rexeneración Urbana ten previsto realizar un estudo previo para valorar a posibilidade de declarar o ámbito do barrio das Flores como área de rexeneración e renovación urbana ou similar, que supoña a realización de actuacións de rehabilitación nas edificacións privadas e melloras na súa accesibilidade, e urbanización de espazos públicos, con acceso a subvencións e axudas públicas pola veciñanza. Neste caso concreto da proposta realizada, podería valorarse a posibilidade de fomentar a instalación de ascensores nos inmobles privados, tal e como xa levaron a cabo noutros bloques do barrio con problemática semellante." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • anavr

    Quero expresar o meu apoio a esta proposta. No ano 1966 meus país foron a vivir a este bloque do Barrio das Flores, tiñan 34 e 26 anos. Hoxe, 51 anos despois, con 85 e 77 anos xa non se moven igual que o facían naqueles tempos, o mesmo que moitos dos seus veciños. Eles, e mais as xeración seguintes, con bebés e nenos pequenos en carritos seguen agardando a que por fin se coloque a rampa de acceso que esperan hai tanto tempo.

    Sen respostas
  • carocampos

    Identificome ben con esta proposta, ainda que coma veciña do barrio penso que a proposta debería ser unha actuación de mellora definitiva para o barrio.
    Eu vivo neste intre na rúa Margaritas pero teño crecido na rúa Lirios, alí hai anos fixose unha rampa de comunicación entre o pasillo comercial e a praza dos chopos pero non hai rampa tampouco para a propia rua dos Lirios. O mesmo ocorre nas rúas Camelias, Amapolas e Hortensias. E por isto que farei unha proposta integral para aprobar unha intervención plurianual que sexa unha solución definitva para o noso barrio.
    No barrio estanse a instalar ascensores de servicio as vivendas que en certo xeito facilitarán a accesibilidade da veciñanza tamén pero considero necesario o apoio do concello na mellora das infraestruturas comúns para acadar a integralidade das intervencións de mellora.

    Sen respostas
  • palluka81@gmail.com

    Ë unha obra máis que necesaria, canta faltiña fai esa famosa rampa no bloque....A maioría dos nosos veciños son de idade avanzada.....e non poe iso van deixar de baixar a disfrutar dos nosos xardíns e zonas peatonales.....pero, sin a rampa.....para moitos de eles é unha misión imposible....as barreiras arquitectónicas, no siglo XXI son un obstáculo que lles impide poder ter unha simple relación veciñal.....e o máis frustrante....é que estes veciños pagan os mesmos impostos co resto de cidadáns, coa difernencia que non poden baixar a rúa libremente nin a mercar o pan. Ademáis dos maiores....moitos destes veciños, son pais ou avós recentes...e vense nunha gymkana diaria para poder baixar os carros e dar un simple paseo....Así que por favor, lonxe de María Pita, hai cidadáns que necesitan a vosa axuda nestes intres, e non hai cartos que paguen...os sorrisos dos nosos velliños poidendo facer vida fora de esas barreiras obsoletas.

    Sen respostas
  • iriacr

    Totalmente de acordo, tamén é preciso no bloque 25, rúa Azucenas onde un gran número de escaleiras da acceso a un bloque de dous portais onde vive moita xente maior. A rúa é realmente ancha e as escaleiras teñen espazo de abondo para crear una rampa en zigzag que percorra toda a rúa e de acceso a cadeiras de rodas, camillas de ambulancias, carriños de bebes, carros da compra, etc. Da mesma forma o pavimento de esta rúa é o orixinal dos anos sesenta. Un chan feito de pedra totalmente irregular, que xenera moitísimo verdín coa choiva e numeros charcos o que fai que a nosa rúa convírtase nunha pista de patinaxe moitos meses ao ano. Simplemente cambiando o pavimento a chan tipo de acera gañaríamos en movilidade. Penso que non é ningún luxo pedir aceras nos tempos que vivimos. Moitas grazas por este espazo.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos