Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Sustitución dos wáteres químicos e de plástico das zonas turísticas da cidade.

29/04/2017  •  ramon61  •  Toda a cidade

Sustitución dos horrorosos e pestilentes wáteres químicos e de plástico por outros coma o existente no parque de Bioño por exemplo, con autolimpeza e auga corrente, que de outra imaxe a vergonzosa que están a dar en lugares tan turísticos coma o CASTELO DE SAN ANTÓN, ESTATUA DA VIRXE DO CARME no Parrote, e o mesmísimo aparcadoiro da TORRE de HÉRCULES.

 

 

TRASLADO E AMPLIACIÓN ESPAZO MUNICIPAL DAS DIVERSIDADES SEXUAIS E IDENTIDADES..

09/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Proposta de traslado e ampliación das instalacións do Espazo Municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero ao edificio da Cafetería Remanso, co fin de acadar unha maior visibilidade e difusión das actividades que nel se levan a cabo.

Creación dun paseo sobre as murallas na zona do Abente y Lago

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Recuperar esta parte da historia defensiva da cidade para a cidadanía, permitindo un paseo sobre as mesmas que permita a contemplación do bordo litoral.

 

Reparación das plantas de producción enerxética de San Diego e San Amaro

18/05/2017  •  RB  •  Toda a cidade

A reparación destas plantas de coxeneración de San Diego e San Amaro faría que fosen autoabastecidas pola enerxía que producen e así reduciríase o gasto enerxético municipal.

Antiga paxarera de San Diego se adecue como Centro de educación ambiental

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Educación ambiental e sensibilización

A  nosa asociación solicita ao concello dá Coruña a realización dun ambicioso programa de iniciativas (educación ambiental para a comunidade educativa), educación ambiental en espazos naturais protexidos ou desenvolvemento de iniciativas dirixidas a promover a sensibilización ambiental en diversos sectores (maiores, persoas con discapacidade, consumidores...) o fomento de accións de sensibilización ambiental desde unha perspectiva de igualdade de xénero.

Dende o noso colectivo solicitamos que dado o lamentable estado dá antiga paxarera de San Diego se adecue como Centro de educación ambiental.

CREACIÓN DUNHA RUTA URBANA CICLISTA

21/05/2017  •  maravillas  •  Toda a cidade

•Aproveitamento de espazos verdes (Vioño), espazos abertos (A Grela- Agra dos Mallos), rúas peonís (Sagrada Familia), vías antigas de ferrocarril (A Grela) para reducir a eliminación de prazas de aparcamento ou vías para coches.

•Abrir “rutas escolares ciclistas / diarias / ocio” unindo  a través colexios, institutos, centros deportivos, parques e centro de saúde. --> IES Urbano Lugrís e Sardiñeira, CEIP Sagrada Familia, José Cornide e Rosalía Castro, Centro Saúde Mallos, C. Deportivo Sardiñeira.

•Fomento da bicicleta. Creación dunha vía coa suficente lonxitude (5,5 km), comunicada con áreas de ocio diario (parque Vioño), e cercanoa a zona residencial sen carril bici (Sardiñeira, Sagrada Familia, Mallos).

•COSTE ESTIMADO

–Km carril bici (5.5 km)  =   825.000 €

–Base Bici-Coruña  (6) = 144.000 €

–Base aparca-bicis (10) =   30.100 €

ESTIMADO  999.100 €

BORRADOR MAPA

Instalación de un área canina en el centro

04/05/2017  •  vecina  •  Toda a cidade

Propongo la creación y habilitación de un área canina vigilada en la zona centro (Por ejemplo, en la Pza. de San Pablo, Jardines de Méndez Núñez, zona del centro de Ocio-Palexco, Parrote, etc.). Un área amplia, cercada con madera, con algo de arbolabo, equipada con fuentes, zonas de sombra, juegos de agility y ducha para los perros.

Papeleiras de baleirado pneumático

26/04/2017  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

A miña proposta é crear unha rede de papeleira de baleirado pneumático, non digo en toda a cidade, pero sí en zonas concretas, exemplo zonas de moito vento onde as bolsas acaban sendo levantadas e baleiradas deixando toda a basura por a zona, coma no contorno da Torre de Hércules, en zonas de moita afluencia coma nas praias ou nos xardíns de Méndez Núñez, ou mesmo nas rúas peonís e moi comerciais, e mesmo na praza de María Pita estaría ben, sobre todo por o gran volumen de lixo que se acumula cando se celebrán espectáculos. 

Non é nada novedoso, xa se ten demostrada a sua eficacia noutras cidades, e penso que sería boa idea e daría unha imaxe máis limpa da nosa cidade.

É máis tamén se podería usar para os colectores do lixo, como dixen antes non en toda a cidade, xa que sería moi costoso, pero sí en zonas concretas onde o lixo se acumule en grandes cantidades.

Mellora do tratamento das augas residuais da EDAR Bens

18/05/2017  •  RB  •  Toda a cidade

Polo que teño entendido existen distintos tratamentos convencionais que se lles pode dar as augas residuais: primario, secundario e terciario. Penso que na EDAR Bens o tratamento que se lle da as augas residuais é primario. Polo que a proposta de investimento consiste en mellorar o tratamento das augas residuais. Se é primario, pasar a secundario. Se é secundario, pasar a terciario.

CASA DO XADREZ DA CORUÑA

21/05/2017  •  ernestosagax  •  Toda a cidade

Un dos problemas comúns a moitos clubs da cidade é a ausencia de locais axeitados para a práctica deste xogo e co amplo horario necesario para o desenvolvemento das partidas. Polo que propoñemos dotar á cidade dunha casa de xadrez, como acontece noutras cidades (o caso mais cercano o de Ferrol). A idea presentada por AGAX busca beneficiar aos clubes coruñeses que están todos eles englobados na Asociación Xadrez Coruñés, de recente creación.

Para a nosa actividade é importante contar cun local  duns 200 metros cadrados e como material unicamente mesas e taboleiros.

Ademais a posta en funcionamento dunha Casa do Xadrez serviría tamén para o desenvolvemento doutras iniciativas culturais fundamentalmente a difusión doutros xogos clásicos de estratexia, de moitos dos cales temos restos en Galicia procedente da época medieval..