Na Coruña Contas

Volver

Papeleiras de baleirado pneumático

anxo_gz anxo_gz  •  26/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 15

A miña proposta é crear unha rede de papeleira de baleirado pneumático, non digo en toda a cidade, pero sí en zonas concretas, exemplo zonas de moito vento onde as bolsas acaban sendo levantadas e baleiradas deixando toda a basura por a zona, coma no contorno da Torre de Hércules, en zonas de moita afluencia coma nas praias ou nos xardíns de Méndez Núñez, ou mesmo nas rúas peonís e moi comerciais, e mesmo na praza de María Pita estaría ben, sobre todo por o gran volumen de lixo que se acumula cando se celebrán espectáculos. 

Non é nada novedoso, xa se ten demostrada a sua eficacia noutras cidades, e penso que sería boa idea e daría unha imaxe máis limpa da nosa cidade.

É máis tamén se podería usar para os colectores do lixo, como dixen antes non en toda a cidade, xa que sería moi costoso, pero sí en zonas concretas onde o lixo se acumule en grandes cantidades.

Localización: Diversas zonas da cidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos